Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 22/01/2021 | Día Internacional da Educación, por unha educación de calidade.

24 de Xaneiro, Día Internacional da Educación, por unha educación de calidade.

A día de hoxe, o sistema educativo non garante en todos los casos a provisión de axustes necesarios e os apoios requiridos para todas as persoas con TEA, nin se consideran principios de accesibilidade na atención educativa.

Por iso, é necesario que o sistema educativo analice as vías efectivas que debe integrar, desenvolver, transformar e mellorar para avanzar na calidade da educación. A especificidade e a variable dentro do TEA fan necesario un abordaxe integral, con apoios especializados e baseados en evidencia científica en prol da calidade de vida das persoas con TEA.

22/01/2021

O 24 de Xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar da importancia da educación para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Concretamente co obxectivo número 4 establece unha Educación de Calidade.

 * Os obxectivos de Desenvolvemento sostible marcáronse polos estados membro en 2015 como un chamamento universal para poñer fin a pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade para o 2030. Os obxectivos de Desenvolvemento Sostible no son obrigatorios pero cada país asume a responsabilidade de traballar polo seu cumprimento.

Cal é a educación máis efectiva para os nenos e nenas con Autismo?

Quizais non teñamos unha resposta única, o que si que sabemos que a educación máis efectiva ten que ver coa flexibilidade e as habilidades dos educadores e educadoras en adaptarse as necesidades individuais de cada persoa con TEA.

Os nenos e nenas con TEA teñen dereito a que lles axudemos a aprender, e os motivemos para aprender cousas novas e coñecer o mundo que os rodea. Unha educación de calidade é aquela que asegura que a persoa poida obter o máximo aprendizaxe e rendemento posible e que, a súa vez, lle permita participar na igualdade de condicións.

Ademais de outros recursos necesarios e a primeira necesidade da comprensión das condutas emocionais e mentais das persoas con TEA, é de valorar de forma prioritaria a axuda que se lle pode proporcionar e deben adquirir titores, mestres, educadores, etc. na comprensión do alumnado con TEA.

A especificidade e a variable dentro do TEA fan necesario un abordaxe integral, con apoios especializados e baseados en evidencia científica en prol da calidade de vida das persoas con TEA.

É tamén importante un traballo en rede entre diferentes profesionais que interveñen co alumnado. Un profesional debe ter claro que a atención integral a un neno ou nena pasa con frecuencia polo traballo coordinado con outros servizos e coa súa familia.

A persoa con TEA ten unha forma moi diferente de procesar a información e de entender o que pasa o seu arredor e de dar unha resposta adaptada ás distintas situacións.

As funcións cognitivas funcionan de forma diferente ás persoas que non teñen TEA. Un perfil cognitivo caracterizado por ter dificultades na percepción social ( na interpretación de como senten, pensan ou interpretar as intencións dos demais e no recoñecemento afectivo), na función executiva (flexibilidade e planificación), na atención e a memoria (espacial, verbal para caras, episódica e de fontes), na comunicación (pragmática e prosodia semántica) e na área sensoriomotriz (alteracións na motricidade fina e grosa e un perfil sensorial atípico). Así mesmo, teñen preservada a capacidade visoespacial e a memoria asociativa.

É preciso coñecer o perfil cognitivo e sensorial de cada persoa con TEA para dar unha resposta educativa adecuada á súa forma de ser e de pensar.

 

INFORME DE AUTISMO ESPAÑA: O alumnado contrastorno do espectro do autismo en España

Desde a Autismo España presentamos nestes momentos un informe con carácter descritivo que inclúe información sobre as fórmulas de atención educativa en cada comunidade e os datos dispoñibles en relación co número de estudantes con TEA identificados en etapas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica na modalidade de escolarización ordinaria. E tamén os datos  relativos as etapas de Educación Infantil, Educación Básica Obrigatoria e Formación Profesional Básica Especial en la modalidade de educación especial.

ENLACE DO INFORME : http://www.autismo.org.es/sites/default/files/alumnado_con_tea_distribucion_autonomica_y_modelos_educativos_nov_2020.pdf

En resumen, este informe recolle a necesidade de unificar criterios e procedementos para recoller este tipo de información, para comparar e contrastar. O análise de datos pon en evidencia o aumento do alumnado identificado con TEA, especialmente na etapa de educación primaria. Constata a necesidade de incrementar a investigación sobre o alumnado especialmente vulnerable ante fracaso escolar, exclusión, dificultades para afrontar as transición entre etapas educativas, acoso (máis de un 63 % de persoas con TEA sofre acoso escolar, 83 % considerando o TEA sen discapacidade intelectual asociada). 

E así, incrementar o coñecemento sobre a situación do alumnado con TEA escolarizado en centros educativos ordinarios que non dispón de ningunha medida ou recurso de apoio, así como a realidade do alumnado en etapas educativas non obrigatoria. Todos estes elementos imprescindibles para identificar as necesidades, prioridades, barreiras, facilitadores e respostas que contribúen a unha educación cun marco de calidade como referencia.

A día de hoxe, o sistema educativo non garante en todos los casos a provisión de axustes necesarios e os apoios requiridos para todas as persoas con TEA, nin se consideran principios de accesibilidade na atención educativa. Por iso, é necesario que o sistema educativo analice as vías efectivas que debe integrar, desenvolver, transformar e mellorar para avanzar na calidade da educación.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias