Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/01/2021 | Colegio-Filomena-Dato

Actividade formativa dirixida aos docentes do Ceip Filomena DATO: O teu alumnado con TEA: Accesibilidade cognitiva e atención ao alumno/a

A Federación Autismo Galicia en colaboración coa Consellería de Educación, ten como obxectivo mellorar a atención educativa do alumnado con TEA escolarizado nos centros docentes dependentes da devandita Consellería.

25/01/2021 -

Federación Autismo Galicia en colaboración coa Consellería de Educación, a través dun convenio asinado no ano 2016, ten como obxectivo mellorar a atención educativa do alumnado con TEA escolarizado nos centros  docentesdependentes da devandita Consellería.


Para avanzar neste obxectivo, a Federación Autismo Galicia desenvolvemos diferentes accións como o asesoramento aos centros educativos, a promoción da accesibilidade cognitiva nos centros educativos e formación de profesorado.


O vindeiro 25 de Xaneiro as 16 horas a Federación Autismo Galicia desenvolve unha actividade formativa online, dirixida aos docentes do Ceip Filomena DATO a través del Centro de Formación y Recursos de Ourense.

O obxectivo de esta formación é difundir coñecemento sobre o autismo a necesidade de ter en conta a accesibilidade cognitiva nos centros educativos e a atención en relación as súas características, causas, intervención e formas eficaces de apoio ao alumnado con Trastorno do espectro do autismo (TEA).

 

DOCENTE: Cristina Couto Pena
Licenciada en Psicoloxía na orientación clínica e evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en atención temperá e experta en Terapia familiar. 
Desenvolve a súa traxectoria profesional na atención e intervención coa infancia e realiza labores de investigación coa Universidade de Santiago.
Desde 2015 traballa na Federación Autismo Galicia como asesora técnica e actualmente como coordinadora de programas.
Conta con experiencia como docente, en numerosos cursos impartidos en diferentes organismos e institucións. Realiza a súa tese doutoral sobre as familias de persoas con TEA.

 

 

Lugar de celebración:

Actividade ONLINE xestionada a través do CFR de Ourense.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades