Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/01/2021 | Convenio asinado pola FAG e a Consellería de Política Social

2020 un ano ao servizo da promoción da autonomía persoal das persoas con trastorno do espectro do autismo.

Máis 2.000 persoas con trastorno do espectro do autismo e ás súas familias se beneficiaron durante o año 2020 de programas de promoción da Autonomía Persoal prestados pola Federación Autismo Galicia.

29/12/2020

O Convenio asinado pola FAG e a Consellería de Política Social para a promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia ten como obxectivo, desenvolver programas especializados e de atención específica, destinados a cubrir un amplo abano de necesidades das persoas con TEA e ás súas familias.

O impacto da pandemia motivada pola COVID 19 obrigou tanto  á Federación como ás entidades federadas, a redefinir a prestación de servizos e adicar esforzos a outros novos, levándonos  a realizar un especial esforzo en materia de incidencia política e social para visibilizar, máis que nunca, as necesidades emerxentes das persoas con TEA nun dificilísimo contexto para elas.

Sumado a esta situación, o noso deber social nos impulsa   a seguir prestando todos os programas previstos inicialmente cun esforzo excepcional por parte dos participantes neles, desde as personas con TEA, as súas familias e a cada profesional da nosa rede asociativa.

Desenvolvéronse programas de xestión de crise, incidencia política, social, apoio ao movemento asociativo, sensibilización e programas específicos de accesibilidade, ocio e inclusión social para persoas con TEA, atención sociofamiliar e prevención do deterioro cognitivo. Se incrementou nun 53% o número de persoas con TEA beneficiarias e un 61% de familias atendidas.


 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias