Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/01/2021 | #PorTiTEA CALENDARIO 2021 da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

#PorTiTEA CALENDARIO 2021 da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Celebramos a unidade da REDE, o COMPROMISO E FORTALEZA das Persoas con TEA, as FAMILIAS e Profesionais ante o escenario do 2020. Por moitos anos máis de logros e traballo conxunto!

14/01/2021

A Edición do CALENDARIO da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA forma parte do Servizo de Publicacións, e funciona como unha ferramenta de achegamento a realidade do TEA, de sensibilización e recoñecemento das nosas fortalezas e capacidades.

Como cada ano esta edición está dedicada ás persoas que forman parte das nosas entidade, as familias, e ao dedicado traballo das nosas e nosos profesionais.

O CALENDARIO 2021 concíbese como unha conmemoración ás fortalezas demostradas ante o escenario da pandemia, a entrega e esforzo de todos e todas, e foi deseñado pola propia federación con imaxes deste ano e reflexións das entidades, conmemorando a labor de todas as familias, profesionais e entidades da  rede.

Ó recoñecemento das fortalezas postas en práctica, a capacidade de reacción, organización, profesionalidade, o afecto e a gran entrega de todos os equipos das entidades. Así como o profundo compromiso con cada unha das familias e persoas con TEA para e coas que se traballa día a día.

Neste ano comprobamos que a unidade é fundamental, xa que gracias a ela fomos quenes de superar os distintos retos, atopar situacións de aprendizaxe e saír moito mais fortalecidas. 

Celebramos por isto a unidade da REDE, o COMPROMISO E FORTALEZA das Persoas con TEA, as FAMILIAS e Profesionais ante o escenario do 2020.

Por moitos anos máis de logros e traballo conxunto, desde todas as entidades que representamos:

Feliz 2021, saúde e grazas a todas e todos!!!

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias