© Federación Autismo Galicia | 13/01/2021 | Campaña de vacinación contra o covid19
Os centros residenciais de AUTISMO GALICIA completan a primeira fase de vacinación.
Termina a primeira fase de vacinación ante o coronavirus coa administración da primeira dose aos usuarios, traballadores e traballadoras das residencias de Aspanaes, Apacaf, Autismo Vigo e Fundación Menela.
Campaña de vacinación contra o covid nos centros residenciais de AUTISMO GALICIA.
Termina a primeira fase de vacinación ante o coronavirus coa administración da primeira dose aos usuarios, traballadores e traballadoras das residencias de Aspanaes, Apacaf, Autismo Vigo e Fundación Menela. Tal e como establece a estratexia de vacinación marcada polo Goberno, os primeiros en recibir a vacina serán as persoas do grupo prioritario 1 de vacinación:
Grupo 1
- Inclúense ademais de aos residentes, ás persoas vulnerables ou con gran dependencia que acoden a centros de día, sempre que estes centros estean vinculados ás residencias.
- Todas as persoas que traballan nestes centros, incluídos os que desempeñan outras funcións distintas como administrativos, persoal de limpeza, de cociña, entre outros, están incluídas nesta categoría.
- Tamén aos empregados en centros de día vinculados a centros de maiores.
- Serán as residencias "máis vulnerables" onde se empece a vacinación, entendendo por estas como as que maior número de internos, menor capacidade de adopción de medidas de prevención e control e/ou residencias que non tiveron casos de coronavirus.
Tras completar esta primeira fase de vacinación as residencias de Aspanaes, Apacaf, Autismo Vigo e Funcación Menela, están á espera de que se cumpran os prazos para poder utilizar a segunda dose.
Neste sentido, a titular de Política Social, Fabiola García, explicou que se remitiu unha «nova circular» a todas as residencias, facendo fincapé en que «quedan semanas moi difíciles» ata que se complete a inmunización. Semanas nas que non se pode, aínda, baixar a garda.,
Unha vez completouse a primeira dose, «procederemos inmediatamente a fornecer a segunda», acoutou a conselleira. «O obxectivo é que nas próximas semanas o 100% das residencias galegas libres de Covid estean vacinadas». De momento toca seguir sendo «un pouco pacientes» e manter as medidas en vigor.
Desde os centros e residencias de AUTISMO GALICIA: Aspanaes, Apacaf, Autismo Vigo e Funcación Menela, manteranse todas as medidas necesarias para asegurar e procurar a protección ata que finalice o proceso de vacinación.
Grupos prioritarios de vacinación fronte ao covid-19
Tendo en conta que as vacinas estarán dispoñibles dunha maneira progresiva, é necesario establecer unha orde para a vacinación da poboación. Para iso, consideráronse criterios éticos, así como de risco de enfermidade grave e de risco de exposición.
- Residentes e persoal sanitario e sociosanitario que traballa en residencias de persoas maiores e de atención a grandes dependentes.
- Persoal de primeira liña no ámbito sanitario e sociosanitario. Outro persoal sanitario e sociosanitario.
- Persoas consideradas como grandes dependentes (grao III de dependencia, é dicir, con necesidade de intensas medidas de apoio) que non estean actualmente institucionalizadas.
Podedes acceder ao documento completo AQUÍ
PLAN GALEGO DE VACINACIÓN FRONTE AO SARS-CoV-2. Dirección Xeral de Saúde Pública.
A primeira fase da estratexia da vacinación en Galicia comeza a partir do 27 de decembroe inclúense os seguintes grupos: persoas internas en residencias de maiores e depersoas con discapacidade así como o persoal que traballa neses centros sociosanitarios.Posteriomente, vacinarase ao persoal do ámbito sanitario de primeira liña, outro persoalsanitario e grandes dependentes non institucionalizados.
Este documento aporta a información dispoñible sobre a primeira vacina aprobada pola Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios (AEMPS) o 21 de decembrode 2020 que é a Comirnaty® do laboratorio Pfizer e BioNTech. Tamén recolle aplanificación e loxística da primeira etapa de vacinación, condicións de administracióndesta vacina e o seu rexistro, aspectos clave sobre a seguridade da vacinación easpectos relacionados coa formación das persoas que van a levar a cabo a campaña e acomunicación da mesma.