Noticias
© Federación Autismo Galicia | 31/12/2020 | Dende a Federación Autismo Galicia desexámosvos un Feliz 2021
Dende a Federación Autismo Galicia desexámosvos un Feliz 2021.
Polo recoñecemento das fortalezas postas en práctica, a capacidade de reacción, organización, profesionalidade, e gran entrega de todos os equipos. Así como o profundo compromiso con cada unha das familias e persoas con TEA para, e con quenes se traballa día a día.
FELIZ 2021 E MOITO QUE CELEBRAR!!!
31/12/2020
Pola unidade da REDE, o COMPROMISO E FORTALEZA das Persoas con TEA, FAMILIAS e Profesionais ante o escenario do 2020. Polo recoñecemento das fortalezas postas en práctica, a capacidade de reacción, organización, profesionalidade, e gran entrega de todos os equipos. Así como o profundo compromiso con cada unha das familias e persoas con TEA para, e con quenes se traballa día a día.
Somos un grupo de persoas que aspiramos a cambiar o noso pequeno mundo, coa ambición de xerar grandes cambios, garantindo con iso ás persoas con TEA, como cidadáns de pleno dereito en calquera lugar e espazo no que se atopen. E por riba de todo, lograr esa felicidade formada de múltiples fíos de seguridade, confianza,aceptación e moito amor, que todo ser humano necesita e máis aínda as persoas con TEA.
Entre todas, estamos a integrar a nosa presenza nos espazos de convivencia, os servizos sanitarios, administrativos , educativos e tamén no ámbito laboral.
Os nosos programas de educación específica a profesionais e familias, supón unha importante suma neste traxecto de crecemento e permanente mellora que manteniene esta travesía chea de amor, persistencia e claros obxectivos, que emanan desde todas as entidades que representamos desde a Federación Autismo Galicia.
Estamos aquí para seguir construíndo espazos nos que sumar accións, con todo o armazón social, as diferentes redes asociativas, os representatnes da administración e do ámbito empresarial, puntais fundamentais para a nosa continuidade. Do mesmo xeito que os profesionais das nosas asociacións, da propia entidade da Federación, aos familiares, pais e nais, aos membros da xunta directiva e as propias persoas con TEA que coa súa voz e maneira de comunicarse, van trazando cada día a folla de roteiro a seguir.
FELIZ 2021 E MOITO QUE CELEBRAR!!!
Archivada en:
Infórmate > Noticias