Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/12/2020 | TEAtende testemuño e recomendacións para a mellora da accesibilidade cognitiva nos seus comercios e na súa comunicación coas persoas con TEA.

CALES SON AS NECESIDADES DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA NO COMERCIO DE PROXIMIDADE?

Coñece nestes vídeos realizados pola Federación Autismo Galicia o Proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”: Mari Carmen Furelos, nai dunha persoa con TEA, e Natalie Budiño, propietaria de “Os mundos de Carlota”, comentan as recomendacións necesarias para a mellora da accesibilidade cognitiva nos seus comercios e na súa comunicación coas persoas con TEA.

 

29/12/2020

Mari Carmen Furelos, nai dunha persoa con tea, e Natalie Budiño, propietaria de “Os mundos de Carlota”, falan DAS NECESIDADES DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA NO COMERCIO DE PROXIMIDADE.

Dende o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, continuamos co noso labor de achegar a accesibilidade cognitiva aos comercios, recollendo as necesidades das persoas con TEA e as súas familias, e elaborando recomendacións prácticas para os comerciantes, orientadas á mellora da accesibilidade cognitiva nos seus comercios e na súa comunicación coas persoas con TEA.

Cales son as principais dificultades do meu fillo?

Mari Carmen Furelos, é a nai de Carlos, un adulto con Trastorno do Espectro do Autismo. Ambos, xunto ao seu marido e pai respectivamente, residen en Santiago de Compostela, e ao igual que o resto da poboación, tamén facen uso do comercio de proximidade da cidade.

Pero é certo que as persoas con TEA poden facer uso do comercio do mesmo xeito que o resto da poboación?

Durante a entrevista realizada a Mari Carmen, destaca detalles moitas veces imperceptibles para nós, pero que dificultan neste caso ao seu fillo realizar un acto tan cotiá como é ir a mercar.

“Non lle gustan as filas, nin tampouco o ruído”. Estes son os principais motivos polo que o acto de mercar faise máis complicado para Carlos. No caso concreto dos comercios de roupa, “os vestiarios son moi pequenos, e non podo entrar co meu fillo para axudarlle”.

As características das persoas con TEA

As persoas con TEA poden ter dificultades na comunicación, tanto na expresión como na comprensión. Aínda que aparentemente teñan habilidades lingüísticas adecuadas, poden presentar dificultades para utilizas na comunicación recíproca ou no contexto que o necesiten. Moitas persoas con TEA poden non extraer o significado de xestos ou expresións faciais de outras persoas, o que pode provocar malentendidos.  Ademais algunhas persoas con autismo poden ter dificultades para relacionarse cos demais, comprender a contorna ou tolerala e desenvolverse en determinadas situacións sociais.

Outra característica das persoas con TEA, é que moitas delas poden sufrir hipersensibilidade, captando os estímulos luminosos ou auditivos dunha maneira moito máis sensible, producindo neles dor ou malestar. Polo contrario, outras persoas poden ter hiposensibilidade, a súa capacidade de percibir algúns estímulos é menor.

 

Como comerciante, como podo facilitar a accesibilidade cognitiva no meu comercio?

Natalie Budiño, é a propietaria da librería “Os mundos de Carlota”, e tras o asesoramento ofrecido polas técnicas da Federación, ten claro como facilitar o acceso e o uso do seu comercio ás persoas con TEA, a través de medidas de accesibilidade cognitiva tan sinxelas como estas: “sinalización dos espazos, distribución ordenada de los produtos e ter unha boa iluminación para que todas os clientes se sentan cómodos”.

Á hora da comunicación, Natalie tamén o te claro: “unha maneira da falar tranquila e pausada, o uso dunha linguaxe sinxela e dar máis tempo a quen o necesite”, son aspectos fundamentais para ter unha boa comunicación e interacción coas persoas con TEA.

Queres coñecer máis recomendacións para facer o teu comercio accesible? Queres un asesoramento individualizado. Contacta con nós! Consulta a NOVA WEB DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA da Federación Autismo Galicia: http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Archivada en:
La Federación > PROGRAMAS y SERVICIOS DE ATENCIÓN > SERVICIO DE ACCESIBILIDAD COGNITIVA