Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/12/2020 | Guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles”

Autismo Galicia lanza a guía de Accesibilidade Cognitiva: “Construíndo contornas accesibles”.

A guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles” editada pola Federación Autismo Galicia, é un material informativo e de sensibilización, dirixido á creación de contornas accesibles, que permitan acceder e facer uso dos mesmos a todas as persoas, independentemente das súas capacidades.

17/12/2020

Que queremos conseguir coa  guía de accesibilidade cognitiva. “Construíndo contornas accesible”?

DESCARGA e CONSULTA a Guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles”

A falta de coñecemento da poboación en xeral sobre a accesibilidade cognitiva, entendéndose esta como: “estratexias que axudan a que as persoas que presentan necesidades derivadas de procesos cognitivos diferentes, poidan acceder á información e procesala para utilizala na súa adaptación ó medio”, e polo tanto, a ausencia de medidas de accesibilidade cognitiva nas diferentes contornas e servizos, lévannos a editar a presente guía, con dous obxectivos moi definidos.

Por unha banda, ofrecer información sobre como facer das contornas, espazos máis accesibles para todas as persoas. Esta información xira sobre catro eixes básicos: accesibilidade cognitiva como parte da accesibilidade universal, as características persoas con TEA, as principais barreiras cognitivas que o colectivo pode atopar nas contornas e medidas para facer fronte a devanditas barreiras.

Por outra banda, a guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesible”, pretende ser unha fonte de sensibilización para toda a poboación, concienciándolles non só da necesidade de establecer medidas de accesibilidade cognitiva, senón legando un pouco máis lonxe, facéndolles ver o que estas medidas supoñen na vida das persoas en xeral, e das persoas con TEA en particular.

Por que a guía de accesibilidade cognitiva. “Construíndo contornas accesible”?

A Federación Autismo Galicia, co obxectivo de cumprir coa nosa misión de “defender e reivindicar socialmente os dereitos das persoas con trastornos do espectro do autismo e das súas familias, promovendo a igualdade de oportunidades e a colaboración entre entidades prestadoras de servizos específicos e especializados”, e ante a alta demanda de adaptación das contornas, crea no ano 2020 o Servizo de Accesibilidade Cognitiva a través da rede de accesibilidade de Autismo Galicia.

O servizo, ten como obxectivo a creación de contornas accesibles a través da aplicación de medidas que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con  TEA. Estas medidas aplícanse en diferentes ámbitos como o educativo, sanitario e social, a través de diferentes accións.

Como un instrumento de coñecemento do servizo, e da actividade da Federación Autismo Galicia en materia de accesibilidade cognitiva, elabórase a presente guía subvencionada pola Xunta de Galicia a cargo ao 0,7 % IRPF que podes atopala na nosa NOVA WEB dedicada a ACCESIBILIDADE COGNITIVA: http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias