Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/12/2020 | Presentación Guía Parlamento

O Parlamento de Galicia edita unha unidade didáctica adaptada para persoas con autismo

A unidade didáctica adaptada foi elaborada polo Parlamento de Galicia co asesoramento da Federación Autismo Galicia e está dispoñible en formato dixital e tamén foi editada en papel.

14/12/2020

A unidade didáctica editada polo Parlamento de Galicia para dar a coñecer a institución entre o estudantado galego, conta desde agora cunha versión de lectura fácil dirixida ás persoas con trastorno do espectro autista.

 
A publicación foi presentada esta mañá no transcurso dunha reunión entre o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo. Tamén asistiron a secretaria da Federación, María Soledad García Penalta, e a xerente, Patricia Blanco Riveiro.
 
Esta iniciativa forma parte dos compromisos adquiridos nun convenio asinado entre o Parlamento e a Federación Autismo Galicia, que tamén se traduciu na instalación de pictograma adaptados ás necesidades de comunicación das persoas con trastorno do espectro autista nas diferentes dependencias da sede do Lexislativo galego.
 
A unidade didáctica adaptada foi elaborada polo Parlamento de Galicia co asesoramento da Federación Autismo Galicia e está dispoñible en formato dixital e tamén foi editada en papel. A guía facilita información facilmente comprensible sobre a historia organización e funcionamento do Parlamento de Galicia, o estado das autonomías ou os valores democráticos, entre outros contidos. Resulta de especial utilidade para as actividades didácticas que os centros organizan antes de visitar a sede do Lexislativo galego.
 
Este proxecto didáctico forma da estratexia de difusión do Parlamento de Galicia entre o estudantado e tamén do compromiso da institución coas diferentes entidades que operan no ámbito da diversidade funcional e a integración social que operan na Comunidade Autónoma.
 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias