Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 04/12/2020 | A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; a coordinadora de programas da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto; e a responsable da Área de accesibilidade cognitiva da entidade, Adriana García, presentaron o proxecto "O barrio accesible

No Día mundial da Discapacidade, a FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA deu un paso máis hacia a accesibilidade cognitiva co seu proxecto “o barrio accesible: comercio TEAtende", e reforza o comercio de proximidade na crise da pandemia.

04/12/2020

As persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), e con diversidade funcional  terán máis fácil acceder e facer uso do comercio de proximidade en Santiago de Compostela. Durante os últimos meses, a Federación Autismo Galicia estivo levando a cabo o proxecto “O barrio Accesible: comercio TEAtende”.

Conscientes do escenario da pandemia, as medidas postas en práctica dende o proxecto axudan ao comercio local dándolles un foco e posta en valor, ofrecendo unha oportunidade de ampliar e coidar a súa clientela. A Federación Autismo Galicia colabora cos comerciantes de Santiago de Compostela ofrecendo recomendacións e medidas para facer os seus comercios máis accesibles cognitivamente.

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; a coordinadora de programas da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto; e a responsable da Área de accesibilidade cognitiva da entidade, Adriana García, presentaron o proxecto "O barrio accesible: comercio TEAtende" en rolda de prensa para darlo a coñecer ao tecido dos comerciantes de Santiago de Compostela.

O COMERCIO DE SANTIAGO DANDO PASOS HACIA A ACCESIBILIDADE COGNITIVA co Proxecto “O barrio Accesible: comercio TEAtende”.

Establecendo a través de estudos e enquisas as medidas necesarias para que o Comercio de proximidade poda ser accesible cognitivamente, tanto para as persoas con autismo como para persoas con outro tipo de diversidade funcional. 

O establecemento de medidas tan sinxelas como a sinalización do comercio cun pictograma, a organización do espazo ou establecer pautas para mellorar a interacción co cliente, non só beneficiará ás persoas con TEA, senón tamén aos propios comercios, facendo deles comercios inclusivos e accesibles para todas as persoas.

Dende a Federación esperamos tamén que o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, sirva como fonte de sensibilización a toda a poboación, podendo estendelo a outros sectores.

Autismo Galicia recolle as necesidades de comerciantes e persoas con TEA

A través da realización de enquisas ás persoas con TEA e familias das entidades federadas da área de Santiago de Compostela, ASPERGA e ASPANAES, e tamén dos comerciantes da Fundación Santiago Centro, a Federación Autismo Galicia recolleu todas as necesidades que ambos grupos presentan respecto a accesibilidade cognitiva nos comercios de proximidade da cidade, e as dificultades na comunicación e a interacción social entre eles.

Na actualidade, a Federación sigue recollendo as necesidades dos comerciantes a través dun formulario que podemos atopar na súa páxina web: www.autismogalicia.org, co obxectivo de dar respostas concretas e romper as necesidades de accesibilidade cognitiva entre os clientes e os comerciantes.


 

Archivada en:
Infórmate > Noticias