Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/11/2020 | Guía A detección do TEA nas mulleres.

Autismo Galicia lanza a guía “A detección do TEA nas mulleres” para incidir no coñecemento das mulleres con TEA aos profesionais sanitarios.

Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero.

27/11/2020

Consulta e descarga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria.

Nos últimos anos o avance no coñecemento do Trastorno do Espectro do autismo, na súa identificación temperá ou non diagnóstico contribuíu o aumento na prevalencia. Os datos de investigación dinnos que o TEA presentase catro veces máis no caso de homes que en mulleres. Pero estes datos estanse cuestionando na actualidade, debido o aumento de diagnósticos en nenas e mulleres que se está producindo nos últimos anos (National Association of Special Educational Needs, 2016). O foco na investigación, pola falta de información, centrase en medir o efecto do xénero na prevalencia e nas  diferenzas na presentación das condutas que describen o autismo entre homes e mulleres.

A falta de información no ámbito científico da lugar a nesgos de xénero na práctica profesional. Os diagnósticos nas mulleres retrásanse aínda máis que nos homes. Nas mulleres, os signos poden pasar máis desapercibidos e pódense camuflar e ter diagnósticos erróneos doutros trastornos ou patoloxías, ou ser pouco preciso, dando lugar a un subdiagnóstico, sobre todo no caso de mulleres con un CI alto.

Aínda que hai moitas mulleres con TEA como Temple Grandin, Ros Blackburn, Donna Williams que falan en primeira persoa, referentes na literatura e nos axudaron a entender o autismo como mulleres, é necesario seguir difundido as trazos máis frecuentes que poden estar presentes, para mellorar a súa detección e non incorrer nun diagnóstico erróneo. 

É por iso que Autismo Galicia publica subvencionado polo SERGAS, a guía “A detección do TEA nas mulleres”,  unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA.

Na guía descríbense condutas máis específicas nas mulleres con TEA e recursos que poden axudar neste proceso de coñecemento, que poden servir de axuda na súa detección sanitaria e consecuentemente permitan acceder a un diagnóstico temperá ou mellorar as necesidades de atención individualizada.  

Nesta liña, forma parte da nosa misión, promover a saúde e mellorar a asistencia, a través da transferencia de coñecemento sobre a especialización e especificidade do TEA que nos avala.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias