Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 26/11/2020 | Comisión parlamentaria para a reactivación poscoronavirus.

O terceiro sector galego reclama ante a comisión parlamentaria para a reactivación poscoronavirus, medidas concretas para as persoas con discapacidade e en risco de exclusión.

"Urxe que os protocolos se adapten ás persoas con discapacidade"; Servizo público sen barreiras"...

26/11/2020

Durante a comisión parlamentaria para a reactivación poscoronavirus, o presidente do  Cermi en Galicia, Iker  Sertucha, agradeceu a atención recibida por departamentos da Xunta como Educación e Política Social, pero pediu maior sensibilidade, implicación e diálogo á consellería de  sanidade.

Urxe que os protocolos se adapten ás persoas con discapacidade, debido ás barreiras que supón a atención e telefónica e a imposición de que as persoas con discapacidade accedan soas  aos centros de atención. Así como que axude ás entidades de atención á discapacidade para avaliar a calidade e a homologación do material sanitario que adquiren.

"non poden entrar sós" nos centros de saúde e hospitais, ademais de que a atención telefónica en materia sanitaria e de valoración da dependencia supón "unha enorme barreira".

Medidas prioritarias para o colectivo das persoas con discapacidade ante os grupos parlamentarios.

Neste escenario e entre outras medidas solicítase a posibilidade de ter "un fondo de reserva" económico para que as entidades non sufran unha "diminución" nos seus orzamentos como consecuencia da adquisición de efectivos de protección contra a pandemia. Demandando que as administracións "garantan todas as probas  PCR e materiais" ás entidades prestadoras de servizos a persoas con discapacidade.

Así mesmo, recalcouse a necesidade de que "calquera servizo público" asegure o seu acceso "sen barreiras" e de que a Xunta acelere o desenvolvemento do decreto da lei galega de accesibilidade do 2014.

 

Por outra banda a presidenta de EAPN Galicia - Rede Galega contra a Pobreza, Eloína Injerto, durante a comisión de reactivación do Parlamento de Galicia, incidiu na necesidade de activar unha comisión na Cámara que estude como prioridade o estado de "emerxencia residencial".

Alertando contra a situación de "emerxencia" socioeconómica que carrexará a crise sanitaria do coronavirus, tendo en conta que en Galicia o 24,3% da poboación atópase en risco de pobreza e que o 7,9% --unhas 200.000 persoas-- está en pobreza severa, de acordo coa chamada taxa ' Arope' elaborada polo Instituto Galego de  Estatística (IGE).

Injerto lamentou que na actualidade o gasto nos domicilios actúe como "un verdadeiro aspirador de rendas" que "impide o éxito das medidas de inclusión social" impulsadas. Por iso, entre outras suxerencias, reclamou "multiplicar o aluguer social" e centrar os esforzos na "rehabilitación".

Para poder achegar a súa experiencia nestes retos, expresou a súa vontade de que toda a rede que engloba a entidades sociais poidan acceder ás mesmas axudas e programas de reactivación "en igualdade de condicións que o resto de sectores produtivos", porque son "parte e garante" do sistema público de servizos sociais.

Lembrando á súa vez a necesidade de "blindar" o orzamento da Risga para 2021,"aumentar a cobertura" do ingreso mínimo vital, que "non está a chegar a todos", de reducir a " burocratización" das axudas e de "prorrogar" a tarxeta moedeiro impulsada pola Xunta  para que as familias adquiran bens de carácter básico.

Archivada en: