Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/11/2020 | DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

NO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA REIVINDICAMOS OS SEUS DEREITOS

É necesario unha atención integral das persoas con TEA para potenciar as capacidades na etapa infantil, atender as necesidades individuais e minimizar a aparición de complicacións nas idades posteriores. É necesario a consideración do perfil individual da persoa e a súa familia, un ambiente estruturado, así como a constancia e regularidade no traballo e participación da familia.

20/11/2020

#DíaUniversalDelNiño

No día Internacional da Infancia, sabemos que a infancia con discapacidade segue afrontando en España, graves situacións (o 43 % de nenos e nenas non ten acceso a servizos de atención á infancia, Comisión Europea) de desigualdade, exclusión e ausencia de benestar socioemocional, que dificulta a posibilidade de desenvolver e maximizar as súas potencialidades. 

 INFANCIA E PREVALENCIA

Nas últimas décadas a prevalencia do trastorno do espectro do autismo (TEA) incrementouse significativamente. No momento actual, falamos de 1 caso por cada 100 nacementos (Autismo Europa, 2012), o que cifraría en máis de 450.000 persoas con TEA en España e de 25.000 persoas en Galicia. Pero outros estudos establecerían esta prevalencia en 1 de cada 54 nenos e nenas de 8 anos de idades, seguindo o análises de datos do 2016 publicado en marzo de 2020 polo CDC (Centers for Disease Control and Prevention).

A ATENCIÓN ÁS NECESIDADES

O compromiso da nosa sociedade coa protección á infancia, especialmente con aqueles grupos que están en risco de sufrir alteracións ou teñen trastornos do neurodesenvolvemento, ademais de ser un expoñente inequívoco de progreso, ten que involucrar a todos os sectores.

A primeira infancia (0 a 6 anos), a nenez ( dos 6 aos 12 anos) e adolescencia (dos 10 aos 19 anos) son etapas determinantes no desenvolvemento das persoas e na que se producen importantes cambios a nivel físico, social e psicolóxico.

É necesario unha atención integral nos caso das persoas con TEA para potenciar as capacidades na etapa infantil, atender as necesidades individuais e minimizar a aparición de complicacións nas idades posteriores.  É necesario a consideración do perfil individual da persoa e a súa familia (fortalezas e debilidades), un ambiente estruturado, así como a constancia e regularidade no traballo e participación da familia.

Na actualidade, poñer un elevado énfases na necesidade de unha detección temperá e intervención especializada en TEA, está centrado na neuroplasticidade e no bo momento para adquirir habilidades (isto non significa que despois da primeira infancia non se aprenda), e en como na experiencia relacional deseñada para elevar a atención social, a comunicación e o compromiso efectivo pode ir modificando secundariamente o desenvolvemento e o funcionamento de base, que pode conlevar limitacións e dificultades no desenvolvemento posterior.

Garántese deste xeito a compensación das desigualdades individuais e o dereito para alcanzar un desenvolvemento evolutivo o máis normalizado posible e unha vida plena e independente (Libro branco de Atención Temperá). Os primeiros anos de vida son esenciais para alcanzar ese desenvolvemento, sendo moi importante garantir e potenciar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, sensoriais e sociais nesta etapa.

A NECESIDADE DE MELLORAS NA ATENCIÓN

Hai que tomar conciencia do desafío que a prevalencia destes trastornos implican establecendo medidas para a súa abordaxe, incidindo en propostas de mellora sobre detección precoz, coordinación dos distintos ámbitos (educativo, sanitario, etc.) implicados, o diagnóstico e a avaliación interdisciplinar, a individualización dos tratamentos e a formación dos profesionais, para ofrecer unha intervención  integral e específica.

Van existir factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida.

Basicamente, estes identifícanse con tres aspectos fundamentais:

  • Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada.
  • Gozar de recursos educativos e comunitarios adecuados ás súas necesidades individuais.
  • Dispoñer dunha ampla rede de apoio social que fomente a participación e inclusión.

 

AUTISMO GALICIA RECLAMA ASÍ O DESENVOLVEMENTO DE MEDIDAS URXENTES CONTEMPLADAS NA ESTRATEXIA ESPAÑOLA SOBRE TRASTORNOS DO ESPECTRO DO AUTISMO.

 

O acceso a unha valoración diagnóstica especializada realizada por un equipo interdisciplinar, gratuíta e no menor tempo posible, a todas as persoas que presenten unha sospeita de  TEA, con independencia da etapa da vida na que se produza a identificación das súas características.

Garantir unha atención temperá, adaptada ás necesidades do menor con  TEA e a súa familia, con equipos interdisciplinares compostos por profesionais altamente cualificados, a través da formación continua en modelos e técnicas específicas para a atención integral a nenos e nenas que presentan  TEA.

Atender as necesidades do alumnado con  TEA nas distintas etapas educativas, desenvolvendo ou reactivando as medidas que resulten necesarias para iso e potenciando as actuacións necesarias, cunha educación especializada, de calidade para o alumnado con  TEA.

A implementación de intervencións contrastadas para os TEA nos distintos sistemas que atenden (especialmente no sanitario, educativo e social) á persoa ao longo da súa vida, facilitando a transición entre as distintas etapas vitais e contribuíndo a erradicar prácticas non recomendadas ou sen evidencia contrastada, desterrando aquelas que resultan enganosas ou fraudulentas.

Atender as necesidades do alumnado con  TEA nas distintas etapas educativas, desenvolvendo ou reactivando as medidas que resulten necesarias para iso e potenciando as actuacións necesarias.

SERVIZOS DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Autismo Galicia a través das súas entidades presta  servizos de valoración e diagnóstico en casos de sospeita de  TEA, así como servizos de acompañamento, modalidades educativas como centros de educación especial e programas de atención ás necesidades educativas e de atención temperá.

Queres coñecelos PREME AQUÍ

Archivada en: