Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/11/2020 | BOLETÍN INFOAutismoGalicia

Nace o canle informativo BOLETÍN INFOAutismoGalicia

Boletín InfoAUTISMOGalicia referente principal en Galicia da concienciación sobre o autismo. Toda a informacion do movemento asociativo do autismo, para dar visibilidade ao colectivo, a súa realidade e necesidades, e tender pontes entre as familias, as persoas con TEA, a administración pública, terceiro sector, profesionais, tecido empresarial, sector académico, científico...

16/11/2020

Boletín  InfoAUTISMOGalicia forma parte dun proxecto máis amplo dentro da Estratexia de Comunicación que estamos a levar a cabo desde Autismo Galicia, e que persegue, entre outros, reforzar a comunicación coas entidades socias, así como afianzar a presenza da organización e as súas entidades socias a nivel externo e difundir información do movemento asociativo do autismo, para dar visibilidade ao colectivo, a súa realidade e necesidades, e tender pontes entre as familias, as persoas con TEA, a administración pública, terceiro sector, profesionais, tecido empresarial, sector académico e científico, etc. 

Boletín InfoAUTISMOGalicia ten o obxectivo de reforzar a comunicación coas entidades socias así como a presencia externa do movemento asociativo do autismo en Galicia, convertíndonos no referente principal en Galicia da concienciación sobre o autismo.

Boletín InfoAUTISMOGalicia referente principal en Galicia da concienciación sobre o autismo

Este proxecto responde as espectativas marcadas no Plan Estratexico de Federación Autismo Galicia de ser o referente principal en Galicia da concienciación sobre o autismo, de defender e reivindicar os dereitos das persoas con TEA e as súas familias, promocionar os servizos específicos e especializados da REDE de Entidades, difundir o discurso propio da FAG sobre temas de interese para o colectivo, difundir as diferentes campañas de concienciación e Sensibilización sobre o TEA, e ofrecer información a familias e entidades.

InfoAUTISMOGalicia é unha ferramenta máis que poñemos ao dispor do noso público de interese co propósito de mellorar a comunicación con todos eles. O noso  obxectivo é que se  convierta nunha ferramenta útil e nunha canle de comunicación de referencia.

Boletín quincenal InfoAUTISMOGalicia

Boletín InfoAUTISMOGalicia será quincenal en resposta ó actual dinamismo da información xerada. Xa que o incremento de noticias xeradas pola Federación Autismo Galicia nos últimos anos incrementouse nun 300% con máis de 4 publicacións por semana na web. 

O boletín conta cun espazo que recolle as ultimas noticas, as actividades, as campañas e publicacións, a actualidade nos días de interese do colectivo, as demandas, iniciativas e novas xeradas tamén nas novas páxinas web adicadas específcamante a accesibilidade: servizo de Accesibilidade Cognitiva Federación AUTISMO GALICIA, a información contrastada e actualizada durante a crise da COVID-19:  WEB INFO_COVID AUTISMO GALICIA , e a WEB CONMEMORATIVA #25AniversarioAutismoGalicia.

Xa está publicado o noso BOLETÍN INFO AUTISMO GALICIA // Do 16 de Novembro ao 30 de Novembro

INFÓRMATE E SUSCRÍBETE AO BOLETÍN INFOAutismoGalicia.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias