Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/11/2020 | Bolsa de Emprego Autismo Galicia

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA LANZA O SEU SERVIZO DE BOLSA DE EMPREGO. TE APUNTAS?

Co obxectivo de que as nosas entidades federadas podan contar sempre con profesionais formados nas diferentes disciplinas para a prestación dos seus servizos especializados, dende a Federación creamos o Servizo de Bolsa de Emprego.

12/11/2020

A actual situación provocada pola COVID-19, ten como consecuencia un impacto importante na provisión dos recursos persoais das nosas entidades. As medidas preventivas ante a posibilidade de contaxio, fan que sexa necesario contar cun gran número de profesionais formados, que podan prestar servizos nas nosas entidades nun momento determinado.

 

Que é o Servizo de Bolsa de Emprego?

Dende a Federación, queremos axudar ás nosas entidades federadas coa creación do Servizo da Bolsa de Emprego. A finalidade do servizo é recoller un gran número de candidaturas cos perfís máis demandados polas nosas entidades, co obxectivo de que estas podan atopar o perfil profesional que precisan nun momento dado, dun xeito áxil.

 

Cales son os perfís máis demandados polas entidades federadas?

As entidades federadas buscan perfís profesionais que se axusten sempre aos servizos especializados que prestan. Entre os perfís máis solicitados atópanse:

  • Coidadores/as
  • Técnicos en atención sociosanitaria
  • Graduadas/os en Logopedia
  • Graduadas/os en Fisioterapia
  • Graduados/as en Terapia Ocupacional
  • Graduados/as en Psicoloxía
  • Graduados/as en Psicoloxía. Psicólogo/a xeral sanitario
  • Graduados/as en Traballo Social
  • Graduados/as en Educación Social

 

Queres formar parte da nosa Bolsa de Emprego?

Se queres formar parte da Bolsa de Emprego da Federación Autismo Galicia e traballar nalgunha das nosas entidades, podes enviar a túa candidatura a través da nosa páxina web, en tres sinxelos pasos.

  1. Accede á nosa páxina web: TRABALLA CON NOSOTROS
  2. Entra na pestana “PARTICIPA”
  3. Dende o apartado “TRABALLA CON NÓS”, poderás completar os teus datos e axuntar o teu Currículum Vitae.

 

Dende ese momento xa formarás parte da nosa Bolsa de Emprego, e no caso de que algunha das nosas entidades federadas, requiran do teu perfil profesional, poñerémonos en contacto contigo.

Grazas pola túa colaboración.

Archivada en:
Infórmate > Noticias