Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/11/2020 | Proxecto de Accesibilidade en Entornos Educativos

O alumnado de CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN, CEIP DAS FONTIÑAS, IES ISIDRO PARGA PONDAL xa contan con COLEXIOS ACCESIBLES.

Un ano máis a Federación Autismo Galicia  desenvolve o Proxecto de Accesibilidade en Entornos Educativos, enmarcado nos contrato-programa 2019-2020 da Consellería  de Educación, Formación Profesional e Universidade.

11/11/2020

PROGRAMA DE MELLORA DE ATENCION AO ALUMNADO CON TEA, Proxecto de Accesibilidade en Entornos Educativos. EN COLABORACIÓN CO CEE MANUEL LÓPEZ  NAVALÓN, CEIP DÁS FONTIÑAS, IES ISIDRO PARGA PONDAL A través dos CONTRATO PROGRAMA NO CURSO 2019/2020

 

"A accesibilidade permítenos abrir o potencial de todos."- Debra Ruh

 

Un ano máis a Federación Autismo Galicia  desenvolve o Proxecto de Accesibilidade en Entornos Educativos, enmarcado nos contrato-programa 2019-2020 da Consellería  de Educación, Formación Profesional e Universidade. O Proxecto realízase   dentro destas axudas a centros, na liña “ INCLUÉ- T”. Nesta liña desenvólvense medidas que fomenten e melloren a inclusión  do alumnado no centro educativo. Este proxecto foi desenvolto no  CEE Manuel López  Navalón,  Ceip das Fontiñas e  no IES Isidro Parga Pondal.

Como referentes en accesibilidade cognitiva, pretendemos e é o noso obxectivo, que se recoñeza e preste atención a que moitas persoas,  alumnado, familiares, docentes, etc, que fan  a diario uso dos centros educativos, poden ter dificultades na comprensión da organización e funcionamento do centro por moitas razóns ( diversidade funcional, diferenzas lingüísticas, estilos cognitivos diferentes, etc). E sen coñecer e comprender a contorna, actividades ou normas que se realicen no centro, ningunha persoa con estas dificultades poderá desenvolverse de forma eficiente e autónoma. Unha mala adaptación cognitiva polas dificultades de comprensión da información causa incerteza, ansiedade, dependencia e pasividade, limitando a capacidade de toma de decisións e interacción co medio.

Existen estratexias e recursos para que unha contorna sexa accesible de forma cognitiva, e entre eles figuran os sistemas de sinalización con pictogramas que instalamos nos centros, para ter máis clara a información que se obtén coa interacción no propio centro. Estes apoios visuais que son claros e esquemáticos, achégannos información sobre a contorna. Colocamos 268 sinalizacións, a través de  pictogramas  Arasaac.

Outro dos obxectivos do proxecto, á parte da sinalización do centro con  pictogramas de  Arasaac, é a realización dunha valoración especializada da contorna e  a través dun informe dirixido ao centro, no que  identificamos factores positivos do centro e factores que limitan a accesibilidade cognitiva no centro e aspectos sensoriais que poden interferir na adaptación e benestar emocional das persoas con dificultades sensoriais.

Doutra banda, coa nosa intervención, asesoramos e formamos a docentes e alumnado, para que o conxunto do centro poida estar sensibilizado e poidan desenvolver por si mesmos actuacións  que melloren a accesibilidade cognitiva.  Nesta ocasión o impacto da nosa intervencións  beneficiará a un total   927 persoas da comunidade de educativa dos centros citados.

 

“Comprender significa ser capaz de facer”  Goethe.

 

Tras a enquisa de valoración do proxecto, valóranse positivamente as actuacións desenvolvidas en colaboración con Autismo Galicia de sinalización, asesoramento e formación, para a mellora da atención educativa do alumnado con  TEA nas que seguirán traballando para que a contorna escolar sexa unha contorna amable para toda a comunidade educativa.

 “ Ou informe reviste interese, estas  cuestións son  preocupacións compartidas  pola  nosa  comunidade educativa”.

 

Agradecemos aos centro educativos cos que colaboramos a súa preocupación ,facer contornas predicibles e amables, é unha condición necesaria para favorecer a  autoderminación e posibilitar a participación de toda a comunidade educativa. Unha vez máis o agradecemento  ao Centro Aragonés para a Comunicación  Aumentativa e Alternativa pola cesión dos seus recursos dunha maneira  gratuíta.

 

Queres saber máis sobre accesibilidade cognitiva?

Podes visitar a nosa páxina web do SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA ou contactando connosco en info@autismogalicia.org

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias