Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 05/11/2020 | O BARRIO ACCESIBLE: COMERCIO TEATENDE

COMERCIO DE PROXIMIDADE ACCESIBLE PARA TODAS E TODOS. AUTISMO GALICIA LANZA O SEU PROXECTO “O BARRIO ACCESIBLE: COMERCIO TEATENDE”.

O proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, xorde coa vontade de facilitar a accesibilidade cognitiva nos comercios a todas as persoas, e en especial ás persoas con TEA.

05/11/2020

Dende o servizo de Accesibilidade Cognitiva da Federación Autismo Galicia poñemos en marcha este proxecto co comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela.

Como elemento innovador do servizo de Accesibilidade Cognitiva, dende a  Federación creouse unha páxina web que recolle información específica sobre a accesibilidade, e na que atoparás toda a información sobre o proxecto: “O barrio accesible: comercio TEAtende”, cuxa finalidade é, facer dos comercios de proximidade de Santiago de Compostela, comercios accesibles para todas as persoas e en especial para as persoas con TEA, podendo acceder e facer uso dos mesmos en igualdade de condición que o resto da poboación.

Pero, que é a Accesibilidade Cognitiva?

Son os requisitos que debe cumprir a información que nos ofrece a contorna para que as persoas con dificultades de compresión poidan comunicarse de forma óptima co mesmo.

A accesibilidade cognitiva é o término que usamos para denominar a calidade que teñen as contornas, servizos, ferramentas, obxectos e dispositivos que son intelixibles ou de fácil utilización. 

Algunhas destas calidades poden ser a sinalización de espazos con pictogramas, a adaptación de textos en lectura fácil ou o asesoramento a persoas, que mellore a comunicación e o trato coas persoas con TEA.

Tendo en conta o noso empeño de mellorar o benestar social e emocional das persoas con TEA, a accesibilidade cognitiva ten especial relevancia para nós, xa que no caso das persoas con trastorno do espectro do autismo, un área de especial dificultade é o procesamento da información que ven da contorna social e a interacción coas  persoas.

 

Por que un comercio accesible? “O BARRIO ACCESIBLE: Comercio TEAtende”

Seguindo co noso obxectivo de facer dos espazos e servizos contornas accesibles para todas as persoas, e en especial para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), dende a Federación decidimos levar a cabo un proxecto de Accesibilidade Cognitiva que permita e facilite ás persoas con TEA desenvolver actividades da vida cotiá con autonomía.

O proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, nace das dificultades de comunicación que xorden entre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e os comerciantes da Cidade de Santiago de Compostela, e das barreiras de accesibilidade cognitiva que o colectivo con TEA atopa nos comercios da cidade. Estas barreiras, dificultan ás persoas  con TEA o acceso e o uso dos comercios en igualdade de condicións que o resto da poboación.

O obxectivo deste proxecto, é polo tanto, dar resposta a estas necesidades, tanto das persoas con TEA e as súas familias, como dos comerciantes e os seus comercios, para que as persoas con TEA podan acceder e facer uso de todos os comercios dun xeito autónomo, e podan, ao igual que o resto da poboación, levar a cabo habilidades da vida cotiá, como por exemplo, ir a mercar.

As necesidades dos comerciantes e os seus comercios, e das persoas con TEA e as súas familias, recolléronse a través de enquisas, o que nos permitiu ofrecer respostas mediante pautas sobre medidas de accesibilidade cognitiva e mellora na comunicación e no trato coas persoas con TEA, que poderás atopar na páxina web.

Estas respostas ás necesidades dos comerciantes e os seus comercios, recóllense tamén en dous documentos:

Aquí poderás atopar as medidas con exemplos prácticos e visuais.

Todos estes datos están reflectidos no noso proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”.

 

Cres que os comercios do teu barrio son accesibles?

Se queres coñecer máis sobre o noso proxecto: “O barrio accesible: comercio TEAtende”, podes visitar a páxina web: http://accesibilidad.autismogalicia.org/comercio-accesible.

Se necesitas máis información, ou queres converter o teu comercio, nun comercio accesible, non dubides en poñerte en contacto con nós en info@autismogalicia.org.


Archivada en:
Infórmate > Noticias