Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 04/11/2020 | Familias azuis en Cambados: UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA.

O encontro de formación con Familias Azuis en Cambados: UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA.

O curso deu resposta ás necesidades de orientación profesional e apoio emocional ás familias que teñen un fillo ou filla con autismo.

04/11/2020

Autismo Galicia forma en materia de autismo a familias a través da asociación Familias Azuis en Cambados.

Unha destas xornadas de formación levouse a cabo o día 23 de Outubro nunha xuntanza que resultou ser moi próxima e na que se deu orientación e axuda para mellorar aspectos principalmente relacionados coa autonomía dos seus fillos e fillas, afondando nas súas preocupación e dubidas á hora de enfrontarse as situacións da vida cotiá.

Aproximámonos ás dificultades entorno ás rutinas tales como alimentación, sono, comportamento, etc. Ademais abordamos outros temas como a importancia do coidado como coidadores, a comunicación coa nosa contorna como unha rede de apoio fundamental, e os recursos e axudas ás que poden acceder as familias. Un coñecemento de estas formas de abordar as necesidades será importante na toma de decisións, na resolución de situacións a través de coñecementos básicos e na comprensión de obxectivos á hora traballar con profesionais.

Desde Autismo Galicia poñemos especial fincapé na importancia de contar nestas intervencións coa axuda, orientación, supervisión e dirección de un profesional especializado en TEA para mellorar o benestar socioemocional da persoa con autismo e da familia. As familias que acudiron a xornada valoraron a través de unha enquisa de avaliación a formación de forma moi positiva e cualificaron como moi útiles os contidos tratados na mesma.

Os participantes destacaron na enquisa que as formacións de capacitación entorno ao autismo son útiles e serven para “ mellorar a práctica con meu fillo na casa” ,“proporcionarlles ferramentas e unha contorna de apoio”, “compartir experiencias nestes encontros e que axudan a avanzar” ou “ coñecer a persoas na mesma situación o que axuda a compartir experiencias e recursos ao mesmo tempo que proporciona un grupo de apoio”. Ademais consideran que a formación e a sensibilización entorno o TEA “ son necesarias para sensibilizar a poboación”.

 

DOCENTE: Cristina Couto Pena Licenciada en Psicoloxía na orientación clínica e evolutiva e da educación na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en atención temperá e experta en Terapia familiar. Desenvolve a súa traxectoria profesional na atención e intervención coa infancia e realizou labores de investigación coa Universidade de Santiago. Desde 2015 traballa na Federación Autismo Galicia como asesora técnica e actualmente como coordinadora de programas. Conta con experiencia como docente, en numerosos cursos impartidos en diferentes organismo e institucións. Realiza a súa tese doutoral sobre as familias de persoas con TEA na Universidade da Coruña.

Archivada en:
Infórmate > Noticias