Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 02/11/2020 | PISCINAS MUNICIPAIS DE AS PONTES ACCESIBLES PARA TODOS E TODAS.

AS PISCINAS MUNICIPAIS DE AS PONTES, XA SON MÁIS ACCESIBLES PARA TODOS E TODAS.

A Federación Autismo Galicia en colaboración coa empresa Construcciones Canosa S.L., instalou o pasado luns 19 de outubro, 62 pictogramas nas Piscinas Municipais de As Pontes para convertelas nun espazo máis accesible para todos e todas.

02/11/2020

Aproveitando a remodelación arquitectónica das piscinas municipais do Concello de As Pontes, a empresa que leva a cabo o proxecto, Construcciones Canosa S.L., quixo contar coa colaboración da Federación Autismo Galicia co obxectivo de facer as instalacións máis accesibles, mediante o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva, como é, neste caso, a sinalización con pictogramas dos diferentes espazos.

Ao establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva levadas a cabo pola Federación Autismo Galicia, súmanselle outras medidas de accesibilidade arquitectónica como por exemplo, unha entrada adaptada ás instalación, acceso adaptado ao ximnasio ou vestiarios individuais adaptados para persoas con mobilidade reducida Este feito, destaca unha vez máis a crecente sensibilización da poboación polas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e outros colectivos de persoa, como persoas con discapacidades físicas ou sensoriais.

É importante destacar, que accións como estas, benefician ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e outras capacidades, de maneira que podan acceder e facer uso dos diferentes servizos en igualdade de condicións ao resto da poboación.

Tendo en conta tamén que o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva como é a instalación de pictogramas, leváronse a cabo nun recinto deportivo, neste caso as piscinas municipais de As Pontes, outro dos beneficios destas medidas é o desenvolvemento do deporte e dun ocio inclusivo, do que poderán desfrutar todas as persoas.

Non podemos obviar a importancia que o deporte e o ocio teñen nas nosas vidas, sendo igual nas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, que en moitas ocasións vese reducido pola dificultade que o colectivo atopa á hora de acceder e facer uso de determinadas instalacións.

Archivada en:
Infórmate > Noticias