Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/10/2020 | UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas

UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas

APRAZADA!! Ponteareas sitúase en nivel de alerta vermella. Por este motivo acórdase, por Resolución de Alcaldía de data 29 de outubro de 2020, a adopción da unha das siguientes medidas: "Suspensión de todas as actividades e eventos socioculturais en instalacións públicas"

06/11/2020 - | Ponteareas

Autismo Galicia participa como docente na formación dirixida a familias organizada pola asociación Familias Azuis o 23 de outubro e 6 de novembro de 16:00 a 20:00, en Cambados e Ponteareas, respectivamente. 

Esta formación ten o obxectivo de dar resposta ás necesidades de información e orientación profesional ás familias, ademais de recibir apoio psicosocial e persoal especializado.

Durante a formación abordarase as necesidades das familias, como: apoio no fogar #ante dificultades, oportunidades de aprendizaxe en casa, información sobre recursos e axudas sociais ou a necesidade de ter en conta as emocións, adaptabilidade e o estilo de afrontamiento para mellorar o benestar socioemocional e calidade de vida.

A formación está destinada a familias cun fillo ou filla cun diagnóstico de TEA e para a inscrición e máis información, é necesario escribir un correo electrónico a: formacionesfamiliasazuis@hotmail.com 

 

-Cambados 23 de outubro, 16:00 a 20:00 h. Salón de Congresos e Exposicións Jose Pena, Cambados.

-Ponteraeas 6 de novembro, 16:00 a 20:00 h. Sala multiusos do Auditorio  Reveriano Soutullo, Ponteareas.

Importante: respectaranse e cumprirán todas as medidas sanitarias contra a  covid- 19: entrada e saída por portas diferentes, mesa  covid ( máscaras, xel e toma de temperatura), coa axuda de protección civil a desinfección do lugar e moi importante a distancia de seguridade entre os asistentes.

 

DOCENTE: Cristina Couto Pena

Licenciada en Psicoloxía na orientación clínica e evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en atención temperá e experta en Terapia familiar. 

Desenvolve a súa traxectoria profesional na atención e intervención coa infancia e realiza labores de investigación coa Universidade de Santiago.

Desde 2015 traballa na Federación Autismo Galicia como asesora técnica e actualmente como coordinadora de programas.

Conta con experiencia como docente, en numerosos cursos impartidos en diferentes organismos e institucións. Realiza a súa tese doutoral sobre as familias de persoas con TEA.

Lugar de celebración:

Sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas.

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades