Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/10/2020 | UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas

UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas

NOVA DATA 18 DE DECEMBRO: Esta formación ten o obxectivo de dar resposta ás necesidades de información e orientación profesional ás familias, ademais de recibir apoio psicosocial e persoal especializado.

18/12/2020 - | Ponteareas

Autismo Galicia participa como docente na formación dirixida a familias organizada pola asociación Familias Azuis o 18 de Decembro, 16:00 a 20:00 h. Sala multiusos Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas.

Esta formación ten o obxectivo de dar resposta ás necesidades de información e orientación profesional ás familias, ademais de recibir apoio psicosocial e persoal especializado.

Durante a formación abordarase as necesidades das familias, como: apoio no fogar ante dificultades, oportunidades de aprendizaxe en casa, información sobre recursos e axudas sociais ou a necesidade de ter en conta as emocións, adaptabilidade e o estilo de afrontamiento para mellorar o benestar socioemocional e calidade de vida.

A formación está destinada a familias cun fillo ou filla cun diagnóstico de TEA e para a inscrición e máis información, é necesario escribir un correo electrónico a: formacionesfamiliasazuis@hotmail.com 

Importante: respectaranse e cumprirán todas as medidas sanitarias contra a  covid- 19: entrada e saída por portas diferentes, mesa  covid ( máscaras, xel e toma de temperatura), coa axuda de protección civil a desinfección do lugar e moi importante a distancia de seguridade entre os asistentes.

 

DOCENTE: Cristina Couto Pena

Licenciada en Psicoloxía na orientación clínica e evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en atención temperá e experta en Terapia familiar. 

Desenvolve a súa traxectoria profesional na atención e intervención coa infancia e realiza labores de investigación coa Universidade de Santiago.

Desde 2015 traballa na Federación Autismo Galicia como asesora técnica e actualmente como coordinadora de programas.

Conta con experiencia como docente, en numerosos cursos impartidos en diferentes organismos e institucións. Realiza a súa tese doutoral sobre as familias de persoas con TEA.

Lugar de celebración:

Sala multiusos Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas.

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades