Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/10/2020 | O barrio accesible: comercio TEAtende

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA realiza enquisas entre os usuarios da rede de entidades, para coñecer as súas necesidades no comercio

As medidas fan referencia á: sensibilización, formación e asesoramento aos comerciantes, adaptación dos espazos, disposición e optimización de materiais, accesibilidade de trato e estruturación e anticipación.

16/10/2020

Dende a Federación Autismo Galicia, estamos traballando nun novo proxecto: “O barrio accesible: comercio TEAtende”. Este proxecto, ten como finalidade a creación de barrios accesibles, mediante o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva nos seus diferentes espazos e servizos. Nesta ocasión, comezamos co comercio de proximidade.

Que é o comercio de proximidade?

O comercio de proximidade, refírese ao comercio do barrio. Un comercio no que podemos atopar produtos locais ademais dun trato máis cercano por parte dos comerciantes, sen necesidade de realizar grandes desprazamentos, o que facilita o uso autónomo do mesmo.

O comercio é un dos servizos máis utilizados por todas as persoas, sendo unha das súas actividades da vida cotiá: saír a mercar o pan, o periódico, mercar calquera produto alimenticio ou un artigo de primeira necesidade, converteuse nunha rutina diaria de calquera persoa.

 

Pero, é o comercio accesible para todas as persoas?

A través dunhas entrevistas realizadas a usuarios e familias das nosas entidades, descubrimos, que ir a comprar, resulta unha tarefa complicada.

Os motivos son varios: hai moito ruído, demasiada xente, falta de información aos comerciantes acerca da comunicación e trato ás persoas con TEA, hai que esperar largas filas, etc. Todos estes factores, ocasionan moito estrés nas persoas con TEA e as súas familias, que acaban optando por no realizar estas tarefas no seu día a día, realizándoas só cando é necesario, e na maioría das ocasións, realízaas a familia.

A consecuencia disto é, que as persoas con TEA, non poden facer un uso do comercio ao igual que o resto das persoas.

Este é o motivo, que dende a Federación levounos a planear este proxecto: “O barrio accesible: comercio TEAtende”. Cremos necesario coñecer as necesidades das persoas con TEA e as súas familias no comercio, e máis concretamente no comercio de proximidade, xa que como se expuxo anteriormente, é un comercio máis cercano e pequeno, e que por tanto facilitará un desprazamento autónomo das persoas con TEA, e con menos estímulos que favorezan o estrés.

Para o coñecemento destas necesidades, dende a federación enviamos unhas enquisas ás familias e usuarios das nosas entidades federadas, mediante as cales coñeceremos as súas necesidades, e poderemos dar resposta ás mesmas, mediante o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva e pautas sobre comunicación e trato aos comerciantes.

A accesibilidade cognitiva, abarca todas aquelas estratexias que axudan a que as persoas que presentan necesidades derivadas de procesos cognitivos diferentes, podan acceder á información e procesala para utilizala na súa adaptación ó medio. Estas medidas poden facer referencia á: sensibilización, formación e asesoramento aos comerciantes, adaptación dos espazos, disposición e optimización de materiais, accesibilidade de trato e estruturación e anticipación.

_DEF_NLSarchiva:
Infórmate > Noticias