Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 09/10/2020 | HUB Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia

A COMISIÓN DE COMUNICACIÓN DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA xa está en marcha e en pleno rendemento

Confórmase a HUB Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, composta por profesionais da comunicación das entidades membro co obxectivo de ser o referente principal en Galicia de Concienciación sobre o Autismo e defender e reivindicar os dereitos das persoas con Tea e as súas familias.

08/10/2020

HUB COMISIÓN DE COMUNICACIÓN DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

A comisión de comunicación xorde como necesidade de coordinar e fortalecer as campañas do colectivo e todas aquelas accións de incidencia e repercusión social. Buscando ser o referente principal en Galicia de Concienciación sobre o autismo e defender e reivindicar os dereitos das persoas con TEA e as súas familias.

A experiencia sempre en positivo será a capacidade de xerar entre todas e todos unha voz única que amplifique as nosas mensaxes e reivindicacións, tendo un obxectivo común e aliñado nas comunicacións que sexan elboradas.

As responsabilidades da Comisión de Comunicación serán ser o apoio e desenvolvemento de ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN conxuntas e representativas de todo o colectivo cun ENFOQUE DE DEREITOS E CAUSAS COMPARTIDAS, e unha  liña de traballo e mensaxe unificados que trasladar á sociedade, que axude a concienciar e sensibilizar sobre o TEA, e a participación das perosas con TEA en igualdade de condicións.

 

A conformación da Comisión HUB foi aprobada na Asemblea Xeral do día 19 de decembro do 2019, dentro do Plan de Acción da Federación Autismo Galicia para o ano 2020.
 

Tras unha primeira etapa de postulación realizada durante o primeiro trimestre do ano 2020, na que se convoca a todas as entidades da Federación, constitúese a Comisión DE Comunicación HUB da Federación Autismo Galicia, conformada por profesionais da comunicación das entidades Aspanaes, Eva Pedreira; Apacaf, María José García; Asperga, Susana Basterrechea; Fundación Menela, Antía Castro; e a responsable de comunicación e incidencia social da Federación Autismo Galicia, Adriana Pazos Ottón.

Esta comisión manterá reunións mensualis onde se organizará o traballo conxunto, se analizarán as melloras oportunas, e a articulación e coordinación de campañas a nivel autonómico, promovendo unha comunicación aberta, e interactiva tanto externa como interna de todas as  iniciativas, incidindo na cooperación, o intercambio de coñecementos e a realización de proxectos conxuntos.

 

A conformación da HUB Comisión de Comuniación da Federación Autismo Galicia, é unha iniciativa de valor que incide na coehsión da rede de entidades e na utilidade pública, incidencia social, profesionalización, transparencia e lealdade institucional.
 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias