Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/10/2020 | CESIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO Á FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.

O Parlamento de Galicia cede material informático á Federación Autismo Galicia.

A Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia acordou o pasado mes de marzo, a cesión de balde de material informático do Parlamento de Galicia á Federación Autismo Galicia

05/10/2020

 

Esta cesión de material contribuirá ao desenvolvemento dos servizos das entidades membro da federación cumprindo, desta maneira, co compromiso de destino social do mesmo adquirido entrea a Federación Autismo Galicia e o Parlamento.

O material foi entregado en Santiago de Compostela á Federación e distribuido e destinado a un total de 8 entidades federadas con servizos en distintas provincias da Comunidade. Esta acción inscríbese dentro do ÁREA  DESENVOLVEMENTO ASOCIATIVO da Federación Autismo Galicia.

_DEF_NLSarchiva:
Infórmate > Noticias