Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 15/09/2020 | PROGRAMA DE FORMACIÓN 2020 Autismo Galicia

A Federación Autismo Galicia retoma o seu Programa de Formación e dá comezo á súa nova oferta de cursos online para o último cuadrimestre do ano.

Este programa É UN REFERENTE A NIVEL FORMATIVO, respondendo as demandas e necesidades de formación manifestadas polas nosas entidades, familias e colectivo de persoas con TEA

15/09/2020

O pasado 5 de setembro tivo lugar de forma presencial o Curso Apoio conductual positivo, enmarcado dentro do ciclo formativo Abordaxe e TEA no ámbito educativo, impartido por Marlene Horna Castiñeiras.

 

A Federación Autismo Galicia retoma o seu Programa de Formación e dá comezo á súa nova oferta de cursos  online para o último cuadrimestre do ano.

NOVA PROGRAMACIÓN EN FORMACIÓN ONLINE.

Para o último cuadrimestre do ano a oferta  online da Federación Autismo Galicia contempla o desenvolvemento de dúas formacións:

CURSO: OBXECTIVOS E ESTRATEXIAS PARA TRABALLAR CON PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO ( TEA) SEN DISCAPACIDADE INTELECTUAL DURANTE A ADOLESCENCIA.

Modalidade:  online

Docente: Ana González do Equipo  Deletrea

Datas de realización:

Venres 25 de setembro : 18:00 a 20:00

Sábado 26 setembro: 10:00 a 14:00

Este curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos  TEA.

 

CURSO: A  ANSIEDADE NOS TRASTORNOS  DO ESPECTRO  DO AUTISMO

Modalidade:  online

Docente: Carmen  Beneytez  Barroso

Data de realización:

Venres 23 de outubro 2020: 18:00 a 20:30

Sábado 24 de outubro 2020: 09:30 a 15:00

O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA

 

 

Este programa É UN REFERENTE A NIVEL FORMATIVO, respondendo as demandas e necesidades de formación manifestadas polas nosas entidades, familias e colectivo de persoas con TEA, así como a actual demanda de formación epecífica e profesional en cada unha das áreas nas que converxen as necesidades dunha persona con TEA durante todo a súa cilco vital. Isto é : Educación, Saúde, Lecer, Vida laboral, etc.

Archivada en:
Infórmate > Noticias