Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 10/10/2019 | Día mundial da Saúde Mental

No día mundial da saúde mental recordamos a necesidade de seguir mellorando o diagnóstico nas persoas con TEA.

No día de hoxe, 10 de Outubro, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental e nos sumamos a campaña de FEAFES Galicia "Conecta coa vida".

10/10/2019

Moitas veces podemos observar como a sintomatoloxía das persoas con TEA é categorizada con distintos diagnósticos, ou pola contra, é frecuente que teñan infradiagnosticadas dificultades na saúde mental. Isto fai que os programas de intervención que se desenvolven coa persoa non se adapten as súas necesidades.

7 de cada 10 persoas con TEA presentan trastornos do estado de ánimo como depresión ou trastornos de ansiedade. Estes trastornos do estado do ánimo poden presentarse na adolescencia e desenvolverse con máis intensidade na idade adulta.

Estudos de investigación, aínda que escasos, suxiren que as dificultades tales como a ansiedade e a depresión poden ser tan debilitantes como as principais dificultades sociais e de comunicación. En moitas ocasións estes trastornos poden presentarse pola interacción entre as características que definen ás persoas con TEA, e unha contorna non adaptada ás súas necesidades.

As comórbilidades nas persoas con TEA poden derivar nun maior risco de vulnerabilidade e de desenvolvemento de ideas suicidas.

Dende a Federación Autismo Galicia insistimos na necesidade de previr estas situacións de risco a través da mellora na detección, no diagnóstico, e na investigación. Insistimos tamén na necesidade de incrementar a formación dos profesionais e que se teña en conta nos sistemas de saúde esta problemática e darlle valor á sensibilización.Como dín os nosos compañeir@s de FEAFES “Conecta coa vida”.

Archivada en:
Infórmate > Noticias