Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 03/10/2019 | A Federación Autismo Galicia participa no décimo aniversario da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

A Federación Autismo Galicia participa no décimo aniversario da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Neste acto, presentadas pola entón xerente do SERGAS, Rocía Mosquera, fixeron un percorrido pola traxectoria da Escola as persoas que no seu día foron impulsoras desta inciativa: a ex Conselleira de Saúde, Pilar Farjas Abadía e a que asumeu a dirección da Escola nos seus inicios Mercedes Carreras Viñas.

03/10/2019

A EGSC celebrou no día de onte o seu décimo aniversario nun acto presentado polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almunia, acompañado pola Directora de ACIS, Beatriz Allegue e a Directora da Escola, Josefina Monteagudo.

Neste acto, presentadas pola entón xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, fixeron un percorrido pola traxectoria da Escola as persoas que no seu día foron impulsoras desta inciativa: a ex Conselleira de Saúde, Pilar Farjas Abadía e a que asumeu a dirección da Escola nos seus inicios Mercedes Carreras Viñas.

A Consellería de Saúde da Xunta de Galicia foi distinguida co Premio ao Mellor Programa de Educación e Prevención Impulsado por unha CCAA pola súa campañaEscola Galega de Saúde para Cidadáns. Moitas felicidades por esta iniciativa.

 

Mellorando a atención

A escola naceu no ano 2009 co obxectivo de formar en coidados e autocoidados a pacientes e cidadáns para mellorar a atención á cronicidade, a prevención, a promoción, a alfabetización e a participación. Dende entón máis de 2.200 profesionais formados e 28384 pacientes e cidadáns formados. Iniciativas que contribuíron a isto foron os diálogos con pacientes, dos que a Federación Autismo Galicia participou activamente naqueles inicios con charlas en todos os hospitais da comunidade autónoma no que foron tamén para nós os inicios do ambicioso Programa de Mellora da Atención Sanitaria a Pacientes con TEA; outras iniciativas: foro o experto responde, ou a formación e desenvolvemento da páxina web da escola.

Aquelas iniciativas sumaron fortalezas para o desenvolvemento doutras escolas a nivel nacional, así como o impulso e creación promovida pola ex Conselleira Pilar Farjas, como Secretaria de Estado de Sanidade da Plataforma de Pacientes.

Xerme de Iniciativas

A Escola foi tamén xerme de iniciativas como a creación dos Consellos Asesores de Pacientes e a plataforma É Saúde. Todo isto co paciente como centro do sistema, un paciente proactivo, capacitado e experto.

A Federación Autismo Galicia, ten participado en moitas das iniciativas tanto da Escola como de todos os eidos mencionados: participamos nos diálogos de pacientes, foro o experto responde, temos espazo e publicacións na plataforma É Saúde, formamos parte do Consello Asesor de Pacientes do SERGAS e no da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, promocionamos a humanización do sistema a través do noso coñecemento e experiencia en colaboración co SERGAS e os seus profesionais e participamos na formación a pacientes e cidadáns a través da Escola, tendo desenvolto neste ano 2019, catro accións formativas sobre os Trastornos do Espectro do Autismo, TEA.

Archivada en:
Infórmate > Noticias