Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/07/2019 | CURSO APLICACIÓN DA METODOLOXÍA TEACCH NA AULA E NO CENTRO

CURSO APLICACIÓN DA METODOLOXÍA TEACCH NA AULA E NO CENTRO

Nesta acción formativa se traballará sobre as técnicas de ensinanza estructurada, organización do espazo físico, desenvolvemento de sistemas de traballo, uso de estímulos visuais, sistemas de traballo da estructuración da ensinanza, e métodos para persoas de alto funcionamento / Asperger, comunicación expresiva, técnicas para o desenvolvemento de habilidades de ocio, sociais e intervención condutual.

15/07/2019 | Santiago de Compostela

 
A Metodoloxía TEACCH foi desenvolta na década de 1970 polo Dr. Eric Schopler. A Metodoloxía TEACCH céntrase en desenvolver programas educativos para a persoa con autismo en función das súas habilidades, intereses e necesidades. A ensinanza estructurada é un dos pilares fundamentais. Algo distinto da Metodoloxía TEACCH é que pon especial énfasis en fomentar os intereses e habilidades de cada persoa, en vez de concentrarse soamente en remediar déficits. Actualmente, o programa TEACCH é coñecido e aplicado en moitos países do  mundo e ten recibido numerosos recoñecementos internacionais.
 
O obxectivo principal do programa TEACCH é previr a institucionalización innecesaria, axudando a preparar ás persoas con TEA a vivir e traballar máis efectivamente no fogar, na escola e na comunidade. Se pon especial énfasis nos problemas individuais para axudar ás persoas con TEA e ás súas familias a vivir xuntos de forma máis efectiva, reducindo ou eliminando os comportamentos non desexados.
 
Entrénase aos pais e nais a traballar cos seus fillos/as para controlar os problemas de comportamento e mellorar as habilidades sociais, de linguaxe e de aprendizaxe. Deste xeito, a persoa con TEA está preparada para a súa ubicación na escola, nun taller protexido, nun emprego con apoio, nun emprego competitivo, nun fogar grupal ou noutro marco de características comunitarias.
 
 
OBXECTIVOS
· Mellorar a base teórica sobre a metodoloxía TEACCH
· Ampliar coñecementos das técnicas educativas da Metodoloxía TEACCH
· Proporcionar ferramentas para a aplicación eficaz da Metodoloxía TEACCH
· Facilitar a elaboración dun diseño individualizado para a ensinanza de habilidades que favorezcan a autonomía persoal da persoa con TEA
 
PROGRAMA
· Introducción e contexto (orixe do movemento TEACCH, historia, servizos que presta…).
· Bases ideolóxicas e funcionais: filosofía, obxectivos fundamentais, principios, pautas xerais de intervención, etc.
· Comparación entre as técnicas educativas TEACCH frente ás tradicionais.
· A cultura do autismo: visión TEACHH sobre as persoas con TEA
· A ensinanza estructurada, a pirámide TEACCH
Estructura física: organización do espazo
Axendas: a estructuración do tempo. Como elaborar axendas e como evolucionan co tempo.
Sistemas de traballo, tipos de sistemas  de traballo, o poderoso uso das rutinas, etc.
Estructura visual: avaliación da personalización da estructura, exemplos de materiais e axudas visuais.
Información visual: claves para facer visuais as aprendizaxes.
· Aplicación da Metodoloxía TEACCH á intervención en: comunicación, social, conduta, habilidades académicas (lectura, matemáticas, etc.)
· Casos prácticos.
 
DESTINATARIOS
O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA
 
 
28 de SETEMBRO DE 2019
HORARIO de 10:00  a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar de realización: Santiago de Compostela, Centro Abanca Praza de Cervantes s/n
 
 
DOCENTE: ROSA ÁLVAREZ
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Sevilla e Master Universitario en discapacidade, integración e necesidades especiais pola Universidade de Cádiz.
Directora técnica da Federación Autismo Galicia dende o ano 2002, é membro de varios grupos de investigación e coautora de varias publicacións de referencia e traduccións sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.
Dende 2008 exerce tamén como mestra asociada do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla, e ademáis imparte cursos para profesionais en entidades adicadas á discapacidade, centros de formación de profesorado, xornadas universitarias, etc.
Membro de AETAPI, Asociación Española de Profesionais do Autismo.
 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias
Entidades > > FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA