Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 14/06/2019 | Autismo Galicia forma a profesionais do ámbito do Ocio e Tempo Libre no Concello de Ponteareas

Autismo Galicia forma a profesionais do ámbito do Ocio e Tempo Libre no Concello de Ponteareas

Co obxectivo de mellorar o acceso das persoas con autismo ás diferentes alternativas de ocio e deporte, Autismo Galicia realizou un curso de formación o día 11 de Xuño en colaboración coa asociación Familias azuis e o Concello de Ponteareas, para profesionais que desenvolverán actividades de Ocio e tempo libre con persoas con TEA.

 

14/06/2019 | Cangas

O Ocio e tempo libre compren unha función de vital importancia no desenvolvemento da persoa con autismo. Moitas das persoas con autismo dependen das súas familias para o seu ocio e desfrute, sendo poucos os recursos e profesionais que teñen en conta nas programacións as características das persoas con autismo.

O curso asistiron un total de 31 participantes, profesionais que participarán coas entidades de Autismo Galicia  e  outros profesionais que desempeñan a súa labor como monitores, animadores socioculturais e técnicos deportivos de Concellos como  Ponteareas, Salvaterra, Cambados, etc.   Esta xornada achegou á profesionais de ocio e deporte, as características das persoas con TEA, así como medidas de intervención e acompañamento que poden poñer en práctica nas súas actividades.

Poñemos en valor o interese de profesionais da zona Sur de Galicia no curso e a implicación de estes profesionais no seu traballo o que pon de manifesto a predisposición para mellorar na participación e apoio das persoas con Autismo da nosa comunidade.

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias