Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 12/06/2019 | Curso Apoios Visuais 2019

As familias de persoas con TEA fórmanse para anticipar o verán

A Federación Autismo Galicia forma a 35 familias en apoios visuais para mellorar a vida dás persoas con tea. Fixéronse prácticas para preparar a nova entrada do verán e anticipar os cambios que isto conleva. Unha formación destinada exclusivamente a familias de persoas con TEA

12/06/2019

Algunha vez fixécheste algunha das seguintes preguntas:

pero se utilizo apoios visuais non se volverá máis vago?; como podo facer para que non lle afecten tanto os cambios?; por que non me fai caso por máis que lle ensino o pictograma? ; que é mellor, utilizar fotos ou pictogramas?; por que seguimos tendo tantos problemas se lle anticipamos tódalas actividades?; por que faime caso soamente cando o debuxei se entendeume perfectamente ao dicirllo con palabras?; como podo saber se segue precisando este apoio visual?.

Anticipando o verán

No curso do sábado 8 de xuño da federación Autismo Galicia déronse resposta a estas e a outras moitas interrogantes sobre o bo e mal uso dos apoios visuais, e de que maneira podemos utilizalos para axudar ao noso fillo a vivir máis tranquilo, aprender cousas, ser máis flexible, auto regular o seu comportamento, relacionarse mellor con outras persoas, etc., dende un enfoque práctico a través de numerosos exemplos.

Se fixeron prácticas para preparar a nova entrada do verán e anticipar os cambios que isto conleva. Unha formación destinada exclusivamente a familias de persoas con TEA

O curso estivo a cargo de Marlene Horna Castiñeiras, Licenciada en Psicoloxía, Diploma de Estudos Avanzados e Master en Atención Temperá. Conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo. Posúe ampla experiencia como docente, adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, universidades e asociacións. Na actualidade traballa de forma autónoma en entornos  naturais e na Asociación Bata.

Archivada en:
Infórmate > Noticias