Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 21/05/2019 | muller e TEA cartaz

Programa de Formación da Federación Autismo Galicia: Muller e Tea

En España non existen rexistros oficiais sobre persoas con TEA, pero estímase que unhas 450.000 poderían estar diagnosticadas.

21/05/2019

No Programa de Formación de Federación Autismo Galicia tivemos o pracer de poder contar coa docente María Merino, e profundar nas necesidades e o coñecemento das nenas, adolescentes e mulleres con Autismo.

Existe moi pouco coñecemento sobre as características que as definen, así como a súa calidade de vida. Por isto temos que ampliar os ceñecementos e ferramentas para poder mellorar e desenvolver boas prácticas para a detección e a intervención do autismo ao longo da vida de nenas, mulleres e adolescentes.

Os diagnósticos nos homes son moito máis frecuentes que en mulleres, pero os profesionais están a empezar a entender que as observacións en casos femininos non foron ben levadas.

 

PROGRAMA DE FORMACIÓN da FEDERACIÒN AUTISMO GALICIA: MULLER E TEA

 

Nos últimos anos, os avances no coñecemento sobre o Trastorno do Espectro do Autismo así como a identificación temperá e o diagnóstico precoz han contribuído a que o número de persoas que forman parte do colectivo aumentase notablemente. Ademais, este incremento de diagnósticos é moi significativo no caso das nenas e mulleres en particular ( Gould e Asthon-Smith, 2011)

 

En España non existen rexistros oficiais sobre persoas con TEA, pero estímase que unhas 450.000 poderían estar diagnosticadas.

O sesgo termina sendo tamén unha cuestión de xénero, segundo os expertos, segue moi presente. "As mulleres teñen mellores habilidades de manexo de situacións sociais, mellor capacidade verbal, e iso fai que se enmascaren os síntomas e camúflense mellor e sexa máis difícil o diagnóstico", indica Cristina Hernández Layna, investigadora da Confederación de Autismo

Dende Autismo Galicia temos o compromiso de actualizarnos e formar tanto as familias como aos profesionais, polo que desde o Programa de Formación ofrecemos unha ampla programación.

Archivada en: