Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

15/04/2026

Unha infinidade de xestos polo autismo nas redes sociais en Galicia

A campaña de Autismo Galicia “Fai un Xesto” polo Día Mundial do Autismo sementou de infinitos os perfís en redes de entidades sociais, centros educativos, equipos deportivos, administracións públicas, representantes institucionais, profesionais da cultura e cidadáns que quixeron mostrar o seu apoio con este símbolo ás persoas con autismo e as súas familias.

10/04/2026

O teu X Solidario na declaración da renda transforma realidades: o labor da Federación Autismo Galicia coas persoas autistas e as súas familias

Detrás de cada programa que impulsa Autismo Galicia hai persoas, familias e entidades que traballan xuntas. Como representantes das organizacións especializadas en autismo de Galicia, xestionamos os fondos do 0,7% do IRPF para facer posible un acompañamento real en todas as etapas da vida. En 2025, con execución en 2026, serán 20 os programas desenvolvidos, que chegarán a 8.092 persoas da nosa rede de entidades.

09/04/2026

Marca un Xesto Lendario co teu X Solidario

O pasado ano 168 organizacións de acción social galegas, entre elas a Federación Autismo Galicia, levaron a cabo 773 proxectos que beneficiaron de xeito directo a máis de 184 mil persoas.

08/04/2026

La Federación Autismo Galicia respalda el anuncio del Plan Gallego del Autismo

La presidenta de Autismo Galicia, Mercedes Fernández, manifestó la disposición de la red de entidades de la Federación a colaborar para que esta medida se traduzca en un cambio real en la vida de las personas autistas en la comunidad.

31/03/2026

Autismo Galicia intervén nunha xornada sobre investigación en TEA centrada na colaboración entre entidades e persoal investigador

A presenza de Autismo Galicia pon de manifesto o seu compromiso cunha investigación que combina o coñecemento científico coa perspectiva das entidades sociais, entendida como un camiño fundamental para a mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

30/03/2026

Autismo Galicia impulsa novas medidas de accesibilidade na Semana Santa ferrolá

A Federación Autismo Galicia, en colaboración coa Xunta de Cofradías e o Concello de Ferrol, reforza este ano as medidas de accesibilidade cognitiva e sensorial nas procesións, incorporando mapas accesibles e sinalización específica dos tramos en silencio para facilitar a participación de todas as persoas.

27/03/2026

Autismo Galicia convida a sumarse á campaña “Menos Xuízos. Máis Apoios” e desvela a axenda de actos da súa rede polo Día Mundial do Autismo

Autismo Galicia promove iniciativas para que as persoas autistas dispoñan dos apoios específicos e adaptados a cada etapa da súa vida e reclama recursos e políticas públicas eficaces para garantir os seus dereitos.

25/03/2026

Participa no Día de Concienciación do Autismo. Únete ás principais accións!

Autismo Galicia e a Confederación Autismo España convidan á cidadanía a participar nas diversas iniciativas previstas para apoiar ás persoas autistas e ás súas familias no marco da campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026.

24/03/2026

A FP básica adaptada en Galicia: máis oportunidades para persoas con autismo

A Formación Profesional básica adaptada demostra que é posible conxugala coa inclusión social, garantindo que o alumnado autista acceda a oportunidades educativas significativas. Por esta razón, desde Autismo Galicia apelamos á necesidade de continuar apostando por opcións educativas e aumentar os apoios para que o alumnado con autismo poida desenvolver o seu potencial e participar plenamente na sociedade.