Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

25/04/2022

As persoas con autismo seguen exceptuadas do uso da máscara con independencia da contorna ou contexto.

A eliminación do uso das máscaras en espazos pechados, que contempla algunhas excepcións, continuará como ata o de agora para as persoas con TEA, que son exceptuadas do seu uso con independencia da contorna ou contexto (Artigo único 2.a de o RD 286/2022)

18/04/2022

O 18 de abril celébrase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes.

1 de cada 100 nacementos no mundo presenta TEA (Trastorno do espectro do Autismo). Debido a alta prevalencia é importante comprender o autismo para poder ofrecer a mellor atención sanitaria especializada e unha accesibilidade na asistencia aos pacientes con TEA.

 

11/04/2022

CERMI Galicia pon de relevo as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia.

O presidente de CERMI Galicia, Luciano Fernández, expuxo ante os diferentes grupos políticos os asuntos de especial relevancia das persoas con discapacidade en materia, de educación, sanidade e emprego, entre outros.

08/04/2022

CAMPAÑA X SOLIDARIO 2022. #EmerxenciaSolidaria.

As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda. Co recadado na anterior campaña, 141 organizacións de acción social poideron levar a cabo máis de 500 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 105.000 persoas. GRAZAS A #XSOLIDARIA a Federación Autismo Galicia e as súas entidades puideron desenvolver programas e proxectos que BENEFICIARON a MÁIS DE 2.255 PERSOAS.

 

 

 

06/04/2022

As entidades da Federación Autismo Galicia súmanse a campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, xerando una marea de testemuños de felicidade das persoas con TEA

Unha marea de testemuños en primeira persoa: Que é para ti a felicidade? Compartimos milleiros de  testemuños, desexos e demandas nas redes sociais cos hashtags #DíaMundialAutismo #HazFeliz.

 

05/04/2022

Máis de 1500 colexios e centros educativos en Galicia dispuxeron dos materias de traballo enviados por Autismo Galicia para sumarse a campaña do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.

A Federación Autismo Galicia contactou cos centros educativos de toda Galicia, facilitando material educativo e actividades da Campaña #HazFeliz para traballar nas aulas. #DíaMundialAutismo

04/04/2022

#LIUB2022​ ILUMINA DE AZUL polo #DiaMundialAutismo. Máis de 90 EDIFICIOS contabilizados en GALICIA.

RETO CONSEGUIDO! Máis de 90 edificios e monumentos ilumináronse de azul o 2 de abril en Galicia e máis de 450 en toda España.

 

04/04/2022

A Federación Autismo Galicia reivindica unha mellora na calidade de vida para as persoas con TEA no ACTO OFICIAL do DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022, que contou con máis de 1000 persoas de audiencia.

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo agradece a presenza no acto oficial polo Día de Concienciación do Autismo de Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia, e das relatoras e relatores que nos acompañaron na xornada. #DíaMundialAutismo #HazFeliz

04/04/2022

Boletín INFO AUTISMO GALICIA do 1 de marzo ao 1 de abril 2022.

Este boletín recolle as noticias e actividades da Federacion e as súas entidades, e pretende ser un espazo de información dende as entidades membro da REDE AUTISMO GALICIA, para toda persoa ou entidade interesada en coñecer as últimas novas. SUBSCRIBETE AO BOLETÍN