Cookies

Documentos

Buscador

A continuación presentámosche os 9 documentos máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar documentos que cumpran uns criterios específicos.


29/01/2021 | PDF | 1.505 KB

PROGRAMA WEBINAR GRATUITO: ASPERGER E ACTUALIDADE e Presentación da Revista MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)

Con motivo do18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, a Federación Autismo Galicia organiza un acto oficial conmemorativo, coa presencia de representantes da administración, que dará paso a unha Xornada Online gratuita de conferencias entorno a Síndrome da Asperger e actualidade, as necesidades e realidades das persoas con Asperger, demandas do colectivo, o eido laboral e as persoas con Asperger, as súas competencia e empregabilidade, entre outro temas de interese. A continuación e dentro da mesma xornada farase a presnetación da nova edición da revista Maremágnum AUTISMO(S)

DESCARGA O PROGRAMA NESTA PUBLICACIÓN

INSCRÍBETE AO WEBINAR GRATUITO: ASPERGER E ACTUALIDADE  e Presentación da Revista  MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)
CUBRINDO ESTE FORMULARIO
.

Arquivado en:
Infórmate > Documentos

19/01/2021 | PDF | 14.391 KB

#PorTiTEA CALENDARIO 2021 da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Celebramos a unidade da REDE, o COMPROMISO E FORTALEZA das Persoas con TEA, as FAMILIAS e Profesionais ante o escenario do 2020. Por moitos anos máis de logros e traballo conxunto! A Edición do CALENDARIO da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA forma parte do Servizo de Publicacións, e funciona como unha ferramenta de achegamento a realidade do TEA, de sensibilización e recoñecemento das nosas fortalezas e capacidades. Como cada ano esta edición está dedicada ás persoas que forman parte das nosas entidade, as familias, e ao dedicado traballo das nosas e nosos profesionais.

Ó recoñecemento das fortalezas postas en práctica, a capacidade de reacción, organización, profesionalidade, o afecto e a gran entrega de todos os equipos das entidades. Así como o profundo compromiso con cada unha das familias e persoas con TEA para e coas que se traballa día a día. Neste ano comprobamos que a unidade é fundamental, xa que gracias a ela fomos quenes de superar os distintos retos, atopar situacións de aprendizaxe e saír moito mais fortalecidas.

Arquivado en:
Infórmate > Documentos

04/01/2021 | PDF | 6.207 KB

Guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles”

A guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles” editada pola Federación Autismo Galicia, é un material informativo e de sensibilización, dirixido á creación de contornas accesibles, que permitan acceder e facer uso dos mesmos a todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 


Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 1.078 KB

DÍPTICO CONSTRUÍNDO CONTORNAS ACCESIBLES: SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

O díptico construíndo contornas accesibles: servizo de accesibilidade cognitiva é un documento que describe o concepto de accesibilidade e accesibilidade cognitiva e informa sobre o servizo da rede de accesibilidade de Autismo Galicia. É un material para o coñecemento do traballo da rede e o contacto para a colaboración no desenvolvemento de medidas e actuacións a favor da mellora da accesibilidade cognitiva de todas as persoas. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 932 KB

DÍPTICO O BARRIO ACCESIBLE: COMERCIOTEATENDE

“ O Barrio accesible: comercio TEAtende” , é un documento informativo e de asesoramento dirixido aos comerciantes. O material recolle información sobre o proxecto de Autismo Galicia “O barrio accesible: comercio TEAtende”  e un resumo das orientación e pautas que se atopan na páxina http://accesibilidad.autismogalicia.org/accesibilidade para facer un comercio máis accesible cognitivamente para que todas as persoas podamos facer uso do noso comercio de barrio de unha maneira máis amable, autónoma e eficaz.. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 12.717 KB

Unidade didáctica do Parlamento de Galicia, adaptada para persoas con autismo.

A unidade didáctica adaptada foi elaborada polo Parlamento de Galicia co asesoramento da Federación Autismo Galicia. Esta iniciativa forma parte dos compromisos adquiridos nun convenio asinado entre o Parlamento e a Federación Autismo Galicia, que tamén se traduciu na instalación de pictograma adaptados ás necesidades de comunicación das persoas con trastorno do espectro autista nas diferentes dependencias da sede do Lexislativo galego. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

27/11/2020 | PDF | 1.566 KB

Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria.

Financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Ga-licia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

04/11/2020 | PDF | 2.554 KB

COMERCIANTES E PERSOAS CON TEA: COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN EFICAZ

“Como establecer unha comunicación eficaz”, é un documento dirixido aos comerciantes  do comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela. O documento, recolle unha serie de pautas ou recomendacións, orientadas a mellorar a comunicación, o trato e a interacción, entre os comerciantes e as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. O obxectivo final é facilitar ás persoas con autismo o acceso e uso do comercio dun xeito autónomo, mellorando así a súa calidade de vida. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

04/11/2020 | PDF | 2.999 KB

RECOMENDACIÓNS PARA COMERCIANTES: COMO FACER DO TEU COMERCIO, UN COMERCIO ACCESIBLE

O documento:  “Como facer do teu comercio, un comercio accesible”, son unha serie de recomendacións dirixidas aos comerciantes do comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela. O obxectivo destas recomendacións, é orientar e dar pautas aos comerciantes, para poder facer os seus comercios máis accesibles a todas as persoas, e en especial ás persoas con TEA, aplicando diferentes medidas de accesibilidades cognitiva. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías