Cookies

Documentos

Buscador

A continuación presentámosche os 9 documentos máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar documentos que cumpran uns criterios específicos.


24/01/2022 | PDF | 334 KB

FINANCIADORES e COLABORADORES xaneiro 2022

Arquivado en:
Transparencia > Información económica

12/11/2021 | PDF | 1.830 KB

Manual o meus coidados de enfermería e outras probas médicas

Desde o programa de mellora de atención sanitaria e saúde ofrecemos o Manual “Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas” financiado polo Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.O manual “Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas” está pensado para axudar as persoas con TEA e familiares a través de información visualmente adaptada, sobre os procedementos sanitarios máis habituais. Queremos diminuír o estrés e a ansiedade que xera na familia e na persoa con TEA antes, durante e despois dunha consulta, exploración ou proba médica. Ademais ofrecemos orientacións para prepararse de forma positiva nas consultas sanitarias. Facer máis accesible o coidado da saúde, de forma adecuada as persoas con TEA e as súas familias, convértese no fin deste manual. Construír xuntos un sistema de coidados de saúde con menos barreiras para facer máis accesible o coidado da saúde das persoas con TEA en igualdade de condicións. Manual realizado coa colaboración da Asociación Aspanaes e a Facultade de enfermería e podoloxía da Universidade da Coruña (Ferrol).

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

28/06/2021 | PDF | 17.190 KB

Memoria 2020 Autismo Galicia

Arquivado en:
Transparencia > Información institucional > Memorias de actividades

28/06/2021 | PDF | 2.962 KB

Informe de Auditoria 2020

Arquivado en:
Transparencia > Información económica > Informes de auditoria e contas

09/06/2021 | PDF | 1.086 KB

GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

Presentámovos a Guía Coidamos TEA que xorde a raíz do Proxecto Coidamos-TEA que tivo por obxectivo traballar pola capacitación e apoderamento das familias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) e mellorar así a calidade de vida dos seus fillos e fillas e da propia familia.Co PROXECTO CoidamosTEA preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa. Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.

 

Arquivado en:
Infórmate > Documentos

29/04/2021 | PDF | 3.775 KB

Informe de Auditoria 2019

Arquivado en:
Transparencia > Información económica > Informes de auditoria e contas

18/02/2021 | PDF | 1.294 KB

Guía de comunicación e atención ao paciente con TEA.

Co coñecemento das necesidades e a nosa especialización no TEA ofrecemos a guía financiada polo Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario. A guía de atención e comunicación co paciente con TEA consiste en ofrecer orientacións para mellorar a comunicación co paciente nunha consulta sanitaria e facelo de forma práctica e precisa. Unha ferramenta de consulta para os profesionais da saúde do SERGAS que permita ampliar o seu coñecemento sobre o paciente con TEA e como mellorar a atención a través de adaptacións non significativas do contexto no que se produce a atención e especialmente no proceso comunicativo para unha consulta máis eficaz.

 

Arquivado en:
Infórmate > Documentos

08/02/2021 | PDF | 291 KB

Programa WEBINARIO “O camiño para a detección do Autismo na muller. Experiencias profesionais e testemuños” E Presentación da Guía “A detección do TEA nas mulleres”

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre a detección, valoración e intervención do TEA e por outra, testemuños vitais de mulleres con autismo sobre as súas dificultades na vida cotiá. Así como a presentación da Guía de Detección da muller con TEA, editada pola Federación Autismo Galicia, co fin de visibilizar as dificultades tanto na detección como diagnóstico en nenas e mulleres. PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NA ACTIVIDADE

Financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Ga-licia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

Arquivado en:
Infórmate > Documentos

05/02/2021 | PDF | 338 KB

CURSO: EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. COMO ATENDER, EDUCAR E PRESTAR APOIOS Á SEXUALIDADE DE NENOS, NENAS, ADOLESCENTES, MOZOS/AS E PERSOAS ADULTAS CON TEA.

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades aso-ciadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. DOCENTE: NATALIA RUBIO ARRIBAS.  PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NO CURSO


 

 

Arquivado en:
Infórmate > Documentos