Cookies

Buscador

A continuación te presentamos las formaciones y actividades vigentes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a todas ellas o el buscador si lo que quieres es localizar actividades que cumplan unos criterios específicos.

10/06/2023 -

CURSO: CLAVES PARA ABORDAR A INFLEXIBILIDADE NO TEA

O obxectivo do curso é comprender a inflexibilidade de pensamento e de conduta nas persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas para abordar as súas necesidades. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

13/05/2023 -

Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais

Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 9 de maio de 2023 ás 12h.

29/04/2023 -

CURSO “ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE ALIMENTACIÓN EN TEA”

OBXECTIVO: Facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as dificultades nas condutas alimenticias nas personas con TEA.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

02/04/2023 -

Acto do Día Mundial da Concienciación do Autismo da Asociación Familias Azuis.

Un ano máis, a asociación Familias Azuis, no seu compromiso por dar visibilidade e concienciar á sociedade achega do TEA, organiza un evento coa Colaboración do Concello de Ponteareas e a empresa local  Brinca Park.

02/04/2023 - | Lugo

Programa COIDAR AO QUE COIDA da Asociación Capaces Lugo.

Novo programa posto en práctica pola Asociación Capaces Lugo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especial. Enmarcado no Programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia.

 

31/03/2023 -

Mural Art Experience. Unha actividade da Federación Autismo Galicia con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo.

Mural Art Experience, é unha experiencia compartida, na que construír e sumar, no camiño do recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, mirando de fronte e con orgullo as nosas fortalezas e tamén as nosas necesidades, coas que con valentía loitamos dia a día. Nesta actividade os nosos trazos reivindican o TEA, chamándoo polo seu nome Te, E, A, Trastorno do Espectro do Autismo. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

09/03/2023 -

Webinario: Da investigación á saúde mental nas mulleres con TEA. Experiencias profesionais e testemuñas

Actividade de sensibilización da Federación Autismo Galicia co gallo do día internacional da muller. Dirixida a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

04/03/2023 -

Unha perspectiva autista: encontrando o equilibrio entre as dificultades e a felicidade. Fundación Menela.

Yasmín Cortez colabora coa Fundación Menela na conmemoración do Día Internacional das persoas con Síndrome de Asperger (18 de febreiro) compartindo a súa experiencia de vida como muller con Síndrome de Asperger.

28/02/2023 - | A Coruña

Conferencia: TEA alto funcionamento xeral e incidencia en mulleres na Real Academia de Medicina de Galicia.

Organiza Asociación Asperga con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER.