Cookies

Buscador

A continuación te presentamos las formaciones y actividades vigentes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a todas ellas o el buscador si lo que quieres es localizar actividades que cumplan unos criterios específicos.

10/02/2024 -

Curso: Sexualidade e TEA. Moito máis que tocamentos e estereotipias.

Curso destinado a persoas con TEA, profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

16/12/2023 -

A Asociación TRASCOS abre as súas portas para celebrar os seus 10 anos. Xornada de portas abertas.

A Asociación TRASCOS celebrará unha Xornada de Portas Abertas para conmemorar unha década de impacto positivo na comunidade.

03/12/2023 -

Conmemoración do Día Internacional das persoas con Discapacidade. Familias Azuis.

Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que cada ano celébrase o día 3 de decembro, a Asociación Familias Azuis convídalles a compartir a súa programación coa lectura do manifesto.

24/11/2023 -

CURSO FORMATIVO EN COMUNICACIÓN E ORATORIA PROFESIONAL

Para persoas directivas e técnicas profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia. Traballarase a capacidade para deseñar mensaxes eficaces e transmitilas de modo seguro e competente, coñecendo as técnicas clásicas e modernas de retórica, aplicando as novas ferramentas de neuro-comunicación e neuro-márketing e dominando as claves da linguaxe non verbal propia e allea.   INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

22/11/2023 -

WEBINARIO: SOLUCIÓNS INNOVADORAS EN ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Este webinario ten como obxectivo difundir as boas prácticas innovadoras en accesibilidade cognitiva para fomentar a mellora da accesibilidade cognitiva nas diversas contornas e sensibilizar para as persoas con autismo. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

18/11/2023 -

Obradoiro TEA e Sexualidade. Familias Azuis.

Dirixido a persoas con autismo a partir dos 12 anos.

 

 

07/10/2023 -

CURSO: Comunicación aumentativa e alternativa asistida con tecnoloxia. Asociación Familis Azuis

Formación dirixida a familiares de persoas con autismo e profesionais a cargo de Alba Pérez Fernández.

06/10/2023 -

XORNADA DE DETECCIÓN E DIAGNÓSTICO EN TEA EN IDADES TEMPERÁS – Federación Autismo Galicia.

A xornada está destinada a profesionais dos ámbitos sanitario, educativo e social, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no TEA en xeral. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

01/10/2023 - | Ourense

PROGRAMA DE TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA. Asociación Por Eles TEA

Destinado a adultos novos (a partir dos 18 anos) con diagnóstico de TEA grao 1 ou 2, que presenten as características e necesidades idóneas para iniciar o seu desenvolvemento e aprendizaxe para unha vida adulta.