Cookies

Buscador

A continuación te presentamos las formaciones y actividades vigentes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a todas ellas o el buscador si lo que quieres es localizar actividades que cumplan unos criterios específicos.

08/04/2022 -

Curso Promoción da vida saudable a través do ocio nas persoas con TEA.

Adquirir coñecementos específicos sobre o lecer e facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as habilidades necesarias para fomentar o ocio nas persoas con TEA. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

04/04/2022 -

ACTIVIDADE FORMATIVA DIRIXIDA AOS DOCENTES DO CEIP QUIROGA

Os docentes formaranse sobre o autismo en relación as súas características, causas, intervención e formas eficaces de apoio ao alumnado con Trastorno do espectro do autismo (TEA).

 

02/04/2022 -

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO do ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022. #DíaMundialAutismo

ACTO EN STREAMING dende a Cidade da Cultura de Galicia. O movemento asociativo da Federación Autismo Galicia, conmemora o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.

14/03/2022 -

ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Actividade formativa dirixida aos docentes do CEE Nosa Señora do Rosario: Rompendo barreiras para mellorar a accesibilidade cognitiva no centro educativo. 

 

12/03/2022 -

CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2022

Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas. INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

10/03/2022 -

Comprendendo ó paciente con TEA, mellorando o coidado da súa saúde.

A Federación Autismo Galicia xunto coa asociación Aspanaes realiza unha actividade formativa dirixida ó alumnado da Facultade de Enfermería e podoloxía da Universidade da Coruña no Campus de Ferrol.

09/03/2022 -

WEBINARIO Saúde para todas: Experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA.

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde e a detección e apoio das necesidades das mulleres con autismo e por outra, testemuños vitais de mulleres con TEA sobre as súas experiencias no coidado da saúde. INSCRÍBETE AO WEBINARIO GRATUÍTO PREME AQUÍ

26/02/2022 -

Conferencia Sexualidade e TEA. Actividade con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2022.

A Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organiza a Conferencia "Sexualidade e TEA". INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

21/02/2022 -

Coñecendo e acompañando ás persoas con TEA.

A xornada será unha actividade de coñecemento sobre o TEA especializado, aberto a todas as persoas que queiran coñecer algo máis do autismo con explicacións baseadas no rigor e na experiencia. Dirixida a familias de persoas con TEA (Trastorno do espectro do autismo) e outras familias.