25 ANOS CONTIGO, XERANDO UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES
Para celebralo daremos voz ás entidades que nos conforman e coas que traballamos diariamante, poñendo o foco na valoración do sobresaliente equipo de profesionais co que contan as nosas entidades, estando atentas aos logros conseguidos, os propósitos cumpridos, así como aos novos retos e perspectivas cara ás que orientarnos a responsabilidade do noso futuro.
CREAMOS UNHA WEB CONMEMORATIVA DO #25ANIVERSARIOAUTISMOGALICIA: 25 ANOS CONTIGO, XERANDO UN ESPECTRO DE OPORTUNIDADES
Esta WEB conmemorativa da Federación Autismo Galicia recolle todas as accións en torno ao 25 aniversario, a partcipación das entidades, profesionais, persoas con TEA e familias, que forman parte do evento. Aquí informarase sobre o desenvolvemento das campañas, as colaboracións e o evento, unificando toda ainformación necesaria, e actualizando as novidades que van xurdindo.
«A vida desde un cristal diferente: VIVINDO O ESPECTRO»
LANZAMOS A CAMPAÑA #25 AniversarioAUTISMOGALICIA: «A vida desde un cristal diferente: Vivindo o Espectro»
A campaña #25 AniversarioAUTISMOGALICIA: «A vida desde un cristal diferente: Vivindo o Espectro» incide e articúlase cara a obxectivos comúns polos que traballamos cada día, profundando nas claves para seguir garantindo un espectro de oportunidades para as persoas con TEA e as súas familias. Como o son a autonomía persoal, o emprego, unha atención especializada e específica, o diagnóstico, a atención temperá, envellecer de forma digna, a necesidade de contornas accesibles e dunha sociedade sensibilizada. Así como poder ofrecer ás familias todo o apoio posible desde unha rede de entidades próxima e comprometida.
Esta campaña dá voz á rede de profesionais, familias e persoas con TEA para que sexan elas en primeira persoa quen nos fale da súa propia experiencia, os logros conseguidos, os propósitos cumpridos, así como os novos retos e perspectivas cara ás que orientamos o traballo e a responsabilidade do noso futuro.
Todas as entidades da rede foron invitadas a participar coordinando dende o depertamento de comunicación as creaciones de vídeos que recollen en primeira persoa os distintos temas de interese.