Cookies

Formación

Podes consultar a NOVA OFERTA  de FORMACIÓN VIXENTE ou SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE NOSOS CURSOS.

Os estudos de investigación poñen de manifesto un aumento da prevalencia nos TEA e asegúrannos importantes avances en canto ao seu coñecemento, comprensión e intervención. Desde a Federación Autismo Galicia, debemos ir adecuando estes cambios e promover a transferencia do coñecemento dos TEA no ámbito educativo, social e sanitario.

A formación é unha das prioridades da Federación Autismo Galicia, apoiando iniciativas das súas entidades asociadas e aproveitando oportunidades da contorna a través de convenios ou compromisos de colaboración que favorezan o acceso, tanto a profesionais e familias das nosas rede asociativa como a outros profesionais interesados nos TEA, a unha variedade de actividades formativas que permitan mellorar a calidade e a ética do exercicio profesional.

QUE É O PROGRAMA DE FORMACIÓN da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA?

Este programa É UN REFERENTE A NIVEL FORMATIVO, respondendo as demandas e necesidades de formación manifestadas polas nosas entidades, familias e colectivo de persoas con TEA, así como a actual demanda de formación epecífica e profesional en cada unha das áreas nas que converxen as necesidades dunha perosna con TEA durante todo a súa cilco vital. Isto é : Educación, Saúde, Lecer, Vida laboral, etc...

Desde o porgrama de formación temos o compromiso de fomentar a innovación e a excelencia educativa como garantía de calidade de todos os nosos cursos, salientando na calidade da docencia, e abarcando un conxunto de ofertas para distintos públicos e recursos para mellorar o desenvolvemento persoal e profesional dos seus participantes. É un programa aberto ao cambio e á mellora constante que foi experimentado un incremento nas súas propostas e actividades formativas favorecido pola implicación dos distintos colaboradores.

 QUE FACEMOS

Os estudos de investigación poñen de manifesto un aumento da prevalencia nos TEA e asegúrannos importantes avances en canto ao seu coñecemento, comprensión e intervención. Desde a Federación Autismo Galicia, debemos ir adecuando estes cambios e promover a transferencia do coñecemento dos TEA no ámbito educativo, social e sanitario.

A formación é unha das prioridades da Federación Autismo Galicia, apoiando iniciativas das súas entidades asociadas e aproveitando oportunidades da contorna a través de convenios ou compromisos de colaboración que favorezan o acceso, tanto a profesionais e familias das nosas rede asociativa como a outros profesionais interesados nos TEA, a unha variedade de actividades formativas que permitan mellorar a calidade e a ética do exercicio profesional.

 A QUEN NOS DIRIXIMOS?

A Federación Autismo Galicia facilita unha oferta formativa integral que se adapta ás necesidades do traballo profesional en distintos contextos, ás necesidades das persoas con TEA e ás súas familias.

A oferta formativa está dirixida a:

  • Profesionais que se están iniciando no ámbito dos TEA
  • Profesionais con ampla experiencia que necesitan especializarse en temas determinados para mellorar a súa competencia profesional e actualizar coñecementos.
  • Familias de persoas con TEA interesadas en aprender novas estratexias e compartir as súas experiencias e coñecementos.

 

 

 

      Imprimir