Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 13/09/2021 | Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a CÉSAR. As persoas adultas con TEA están capacitadas para a vida laboral, con independencia da complexidade das súas necesidades de apoio. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

13/09/2021

Hoxe presentamos a César. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. As persoas adultas con TEA están capacitadas para a vida laboral, con independencia da complexidade das súas necesidades de apoio.

Esta é a realidade de moitas persoas coma min:

Moitos homes e mulleres con TEA atopan grandes dificultades para acceder e manter un posto de traballo, aínda dispoñendo da cualificación apropiada. As persoas con TEA son un dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.

"Desde pequeno, gustoume moito o mundo do deseño e a edición, e a pesar de que o meu rendimento académico non era moi bo, as miñas capacidades artísticas sempre destacaron"

"Sempre tiven o apoio da miña familia e dos profesionais da asociación na que me atopo."

"Unha das cousas que máis valoro foi a chegada do meu diagnóstico, o que me permitiu entenderme mellor a min mesmo, dar sentido a moitas cousas e buscar os apoios para atopar o meu lugar."

TODAS AS PERSOAS NECESITAN APOIOS PARA ADAPTARSE AO SEU POSTO DE TRABALLO

  • Adaptación de espazos e ferramentas.
  • Estruturación de tarefas con apoios visuais.
  • Estratexias para controlar a sobre- estimulacion sensorial.
  • Apoio na comprensión das normas sociais e comportamentales para o traballo en grupo.

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

 

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias