Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 26/05/2023 | CURSO TALLER DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NO FOGAR

CURSO TALLER DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NO FOGAR

O obxectivo do curso e adquirir as estratexias, adaptacións, competencias e habilidades necesarias para facilitar o desenvolvemento dos hábitos de vida saudables a través do exercicio físico e do deporte no ámbito do fogar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

17/06/2023 -

OBXECTIVO: Adquirir as estratexias, adaptacións, competencias e habilidades necesarias para facilitar o desenvolvemento dos hábitos de vida saudables a través do exercicio físico e do deporte no ámbito do fogar.

DATAS: Sábado 17 de xuño de 2023

Nº DE HORAS: 4 h. teórico-prácticas

HORARIO: De 10h a 14h 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

MODALIDADE: Presencial no Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

PERSOAS DESTINATARIAS: Familiares e persoas con TEA.

Nº DE PRAZAS: 25

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o xoves, 15 de xuño de 2023 ás 12h.

*Confirmaremos a praza (ou lista de espera), unha vez finalizado o prazo de inscrición.

PROGRAMA:

  • Beneficios do exercicio físico.
  • Alteracións da motricidade a nivel vestibular e propioceptivo.
  • Actividade física na contorna familiar.
  • Que debo ter en conta á hora de planificar exercicios.
  • Materiais e xestión do tempo.
  • Técnicas de relaxación e masaxes.
  • Iniciación a deportes na natureza.

 

DOCENTE:  Sergio Gómez Gallo

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais.

Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora  psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade.

Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

 

Organiza: Federación Autismo Galicia

 

 

Lugar de celebración:

 Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades