Noticias 

© Federación Autismo Galicia. | 13/01/2022 | Día mundial da loita contra a depresión.

Día mundial da loita contra a depresión.

Os trastornos mentais máis frecuentes que sofren as persoas con Autismo son os trastornos do estado de ánimo, depresión e ansiedade, que o presentan o 57% do colectivo.

13/01/2022

Sete de cada 10 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante, TEA) presentan polo menos un trastorno comórbido de saúde mental ao longo da súa vida, así como altos niveis de malestar psicolóxico; 6 de cada 10, mesmo máis dun. A pesar diso, apenas existe investigación nin está contemplada no Sistema Nacional de Saúde nin nos dispositivos existentes especializados na atención á saúde mental da poboación.

Moitas veces os síntomas de trastornos mentais asúmense como propios do TEA.

En moitas ocasións, estes síntomas psiquiátricos resultan infradiafgnosticados, asumíndoos como propios do TEA. Ademais, a identificación destes signos é máis complexa nas persoas que presentan unha discapacidade intelectual e déficit na linguaxe, o que pode provocar que non se chegue a abordar correctamente. Resulta esencial o coñecemento sobre a prevalencia destes trastornos en persoas con TEA, e a falta de medidas e ferramentas específicas para a súa identificación fan necesario o incremento da investigación nesta área.

As persoas con autismo teñen máis posibilidades de desenvolver depresión que a poboación xeral e é considerada a afección de saúde mental máis frecuente en persoas con trastornos do espectro autista (TEA).
 
É difícil recoñecer a depresión en persoas con TEA, en quen, en xeral, exprésase en forma diferente. A depresión pode manifestarse con inquietude e insomnio e non con sentimentos de tristeza, como sería esperable, por iso é esencial estar atentos e non xustificar todos os problemas ao autismo.
Os adultos novos con TEA teñen niveis basales máis altos de case todas as características de depresión enumeradas no DSM-5, isto pode xerar sobrediagnóstico ou subregistro de depresión.
Os adultos con autismo teñen un risco aumentado de experimentar pensamentos suicidas, planificalo, levalo a cabo e mesmo falecer por suicidio. Moitos deles teñen antecedentes de depresión, padecimiento de fustrigación e sensación de soidade.
 
É fundamental a detección temperá de depresión, desenvolver ferramentas adecuadas para o seu diagnóstico en autismo, e xerar conciencia de risco de ideación ou suicidio, o que recentemente nos últimos anos foi abordado con maior profundidade. Unha correcta abordaxe destes trastornos supoñería unha mellora na calidade de vida das persoas con TEA.
 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias