Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 10/01/2022 | Asperga pon en marcha en xaneiro 2022 un programa de atención temperá e aumenta o seu equipo profesional e servizos sanitarios en Santiago de Compostela.

Asperga pon en marcha en xaneiro 2022 un programa de atención temperá e aumenta o seu equipo profesional e servizos sanitarios en Santiago de Compostela.

Engadindo ao seu persoal sanitario, unha  logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha  psicologa adicional para cubrir a demanda de apoio  espcializado para persoas con  TEA /Síndrome de Asperger na zona de Santiago e os seus arredores.

10/01/2022

A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ vai dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do  neurodesarrollo ou risco de padecelos. Tamén a nenos con desenvolvemento normal pero cuxa familia busque crear un ambiente de estimulación. A habilitación da sala para esta unidade débese a unha axuda da  FUNDACIÖN  ORDESA

O aumento do persoal sanitario cobre unha demanda necesaria para poder ofrecer no noso Centro de Santiago de Compostela un servizo multidisciplinar fundamental para actuar de forma coordinada, seguindo unha planificación sistemática dirixida tanto ao neno ou nena, como á familia e á contorna. O equipo profesional estará formado por dúas psicólogas, unha  logopeda e unha terapeuta ocupacional, que xunto a unha persoa encargada da xestión administrativa e relacións con socios e usuarios ofrecerán unha visión máis ampla e  holística na intervención de  ASPERGA. Parte das contratacións realízanse a través do PROGRAMA DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2021 da Xunta de Galicia

 

ASPERGA (Asociación  Galega de Asperger) aumentará, este mes de xaneiro no seu centro de Santiago de Compostela os seus programas, así como o número de profesionais sanitarios especializados orientados a mellorar as capacidades e autonomía das persoas con  TEA/síndrome de Asperger e lograr cunha intervención interdisciplinar e máis completa, un futuro de verdadeira inclusión social.

Unha das novas propostas para o Centro de SANTIAGO DE COMPOSTELA, xa existente no centro da Coruña desde o 2018, é a inauguración dunha UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ, para nenos de 0 a 6 anos nesta cidade. Dita unidade estará atendida por catro profesionais especializadas, unha psicóloga, unha  logopeda e unha terapeuta ocupacional.

“Cremos que esta unidade é fundamental e imprescindible para mellorar a calidade de vida das persoas con  TEA. Mellora ademais o desenvolvemento das súas capacidades, a curto, medio e longo prazo”, asegura Marisol García  Penalta, directora de  ASPERGA. A este programa súmanse un aumento do persoal terapéutico no devandito centro, cunha psicóloga e unha  logopeda con ampla experiencia traballando co noso colectivo.

Os dous centros, do mesmo xeito que os profesionais que desenvolven os programas, cumpren de maneira rigorosa as medidas de seguridade e hixiene do protocolo de prevención fronte ao covid-19. Así mesmo, tanto no Centro da Coruña como no Santiago a asociación continuará ofrecendo primeiras consultas  orientativas, valoracións para o Diagnóstico, talleres de habilidades sociais e intervención individual e/ou grupal psicolóxica.

Finalmente contamos cun traballador social e un orientador laboral que desde o noso centro da Coruña ofrecen orientación e apoio aos nosos socios, usuarios independentemente da provincia na que vivan, dentro da Comunidade Galega. 

SÍNDROME DE ASPERGER

A síndrome de Asperger (SA) é un trastorno de orixe neurobiológico enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA). Como tal, está presente ao longo do desenvolvemento, os sinais de alerta pódense detectar desde idades temperás e as súas características maniféstanse ao longo de toda a vida do individuo, cunha importante variabilidade en función dos apoios que reciba e as súas propias estratexias de compensación adoptadas, entre outros factores.

O Autismo, ten unha incidencia de 1 de cada 100 nados, especialmente en homes. A cociente muller-home varía moito dependendo do estudo de referencia, desde 3-4:1 a 8:1. De todos os xeitos, a manifestación do SA nas mulleres non está exento de controversia, pois se considera que está a ser  infradiagnosticado porque os síntomas reflíctense de maneira diferente.

A chamada “ tríada de Wing” inclúe as tres principais alteracións que se presentan nos  TEA: relación social, comunicación e Inflexibilidade mental e  comportamental. É esencial avaliar a súa manifestación na persoa (tanto a presencia/ausencia como a forma en que o fai) para poder determinar o diagnóstico de SA e os apoios necesarios.

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias
Entidades > > ASPERGA