Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 21/12/2021 | Autismo Galicia deséxavos FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2022!!!

Autismo Galicia deséxavos FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2022!!!

As nosas entidades, familias e persoas con TEA, profesionais, as nosas amizades e persoas todas, desexámosvos un novo ano 2022 que estea cheo oportunidades para que cada persoa poida desenvolver plenamente as súas capacidades, e que sigan aspirando e defendendo un mundo cada vez mellor para garantir o futuro da sociedade e dos seus cidadáns e cidadás.

21/12/2021

"Nunca dubides que un pequeno número de cidadáns compremetidos, pode cambiar o mundo. De feito, só iso pode logralo". Margaret Mead, antropóloga cultural

Neste ano no que tivemos que aprender moitas cousas desde cero e no que puxemos en valor ás persoas e as súas necesidades, e tras estes meses de esmereado traballo conxunto, queremos desexarvos moi Felices Festas e que no ano que está por chegar cúmpranse todos os teus desexos.

Desexámoslles para o novo ano 2022 que estea cheo oportunidades para que cada persoa poida desenvolver plenamente as súas capacidades. Desexamos ás nosas entidades, familias e persoas con TEA, profesionais, ás nosas amizades e persoas todas, sigan aspirando e defendendo un mundo cada vez mellor para garantir o futuro da sociedade e dos seus cidadáns e cidadás.

Na Federación Autismo Galicia somos un grupo de persoas que aspiramos a cambiar o noso pequeno mundo, coa ambición de xerar grandes cambios, garantindo con iso ás persoas con TEA, como cidadáns de pleno dereito en calquera lugar e espazo no que se atopen. E por encima de todo, de lograr esa felicidade formada de múltiples fíos de seguridade, confianza,aceptación e moito amor, que todo ser humano necesita e máis aínda nolos nosos mozos e mozas con TEA.

Estamos aquí para seguir construíndo espazos nos que sumar accións, con todo o armazón social, as diferentes redes asociativas, os representatnes da administración e do ámbito empresarial, puntais fundamentais para a nosa continuidade. Do mesmo xeito que os profesionais das nosas asociacións, da propia entidade da Federación, aos familiares, pais e nais, aos membros da xunta directiva e as propias persoas con TEA que coa súa voz e maneira de comunicarse, van trazando cada día a folla de roteiro a seguir.

Xuntas estámolo conseguindo!!!

FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2022!!!

Representamos, apoiamos e defendemos os dereitos de máis de 8000 persoas, familias e persoas con TEA, conformando a plataforma e amparo necesario para a defensa dos dereitos e necesidades das persoas con TEA.

Archivada en:
Infórmate > Noticias