Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/12/2021 | CALENDARIO institucional da - 2022 #IstoéTEA

12 testemuñas de persoas con autismo reflicten os 12 meses do CALENDARIO institucional da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2022 #IstoéTEA

O CALENDARIO ISTO É TEA pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas a heteroxeneidade do espectro nas súas diferentes manifestacións, e forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

20/12/2021

A Edición do CALENDARIO da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA forma parte do Servizo de Publicacións, e funciona como unha ferramenta de achegamento a realidade do TEA, de sensibilización e recoñecemento das nosas fortalezas e capacidades. Como cada ano esta edición está dedicada ás persoas que forman parte das nosas entidade, as familias, e ao dedicado traballo das nosas e nosos profesionais.

O CALENDARIO institucional da Federación Autismo Galicia 2022 foi concibido en relación a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade. ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións. O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

PREME NESTA LIGAZÓN PARA DESCARGA OU CONSULTA DO CALENDARIO AUTISMO GALICIA 2022 ISTO É TEA

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

 

Son MARA, teño autismo e acabo de rematar o sexto ciclo de educación primaria. CAMPAÑA ISTO E TEA

Son CARLOS, teño autismo e traballo na horta ecolóxica do centro onde vivo. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son Laura, son unha muller con autismo diagnosticada a idade adulta. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son ANDRÉS teño 11 anos e teño autismo. Me diagnosticaron autismo aos 20 meses. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

Archivada en:
Infórmate > Noticias