Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 26/10/2021 | Xornada formativa: O ciclo vital nos TEA. Asociación Capaces Lugo.
Xornada formativa: O ciclo vital nos TEA. Asociación Capaces Lugo.
Destinado a calquera persoa interesada e persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia. As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.
06/11/2021 -
O vindeiro sábado 6 de novembro temos a xornada formativa " O ciclo vital nos TEA", será impartida pola relatora Rosa Álvarez, Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Sevilla e Master Universitario en discapacidade, integración e necesidades especiais pola Universidade de Cádiz. Directora técnica da Federación Autismo Andalucía desde o ano 2002, é membro de varios grupos de investigación e coautora de varias publicacións de referencia e traduccións sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.
Desde 2008 exerce tamén como mestra asociada do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla, e ademais imparte cursos para profesionais en entidades dedicadas á discapacidade, centros de formación de profesorado, xornadas universitarias, etc. Membro de AETAPI, Asociación Española de Profesionais do Autismo.
Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.
Lugar
Formato online na plataforma Zoom.
Horario
9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Prezo
-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.
-Persoas non asociadas: 35 euros.
Criterios de selección
2. Atención temperá e adaptación familiar
3. Etapa educativa. Necesidades
4. Factores de pronóstico e desafíos na vida adulta e posterior.
5. Adolescencia, características propias.
6. Educación Secundaria e Transición Efectiva da escola secundaria á edade adulta para adolescentes e adultosxóvenes con TEA. Orientación vocacional.
7. Relaciones románticas, sexualidade e autismo.
8. Problemas médicos e de saude en persoas con TEA. Dificultades de saúde específicas da adolescencia e a etapa adulta.
9. Vida adulta
10. Emprego e servicios relacionados para persoas con TEA.
11. Opcións residenciais para persoas con TEA.
12. Dificultades legais en adolescentes e adultos con TEA.
13. Envellecemento.
Lugar de celebración:
Formato online na plataforma Zoom.
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades