Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/02/2024 | Epilepsia, un dos trastornos neurolóxicos asociados máis frecuente nas persoas con trastorno do espectro do autismo.

No día internacional da Epilepsia, lembramos que é un dos trastornos neurolóxicos asociados máis frecuente nas persoas con trastorno do espectro do autismo.

O día internacional da epilepsia é un día para dar visibilidade a esta alteración e as dificultades que teñen máis de 65 millóns de persoas. Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre  2 % e 46 %, dependendo da idade ou criterios diagnóstico.

 

12/02/2024

Desde o ano 2015, cada segundo luns do mes de febreiro conmemórase o Día Internacional da Epilepsia, un evento que busca educar ás persoas de todo o mundo sobre esta patoloxía neuronal que sofren aproximadamente 65 millóns de persoas en todo o planeta.

#DíaInternacionaldelaEpilepsia.

A epilepsia é un espectro de alteracións cerebrais nas que o patrón normal de actividade neuronal está alterado, causando sensacións, emocións, comportamentos e, en ocasións, convulsións, espasmos musculares e perda de conciencia.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a epilepsia como un espectro de alteracións cerebrais nas que o patrón normal de actividades neuronais está alterado.  Cada episodio de disfunción neurolóxica se denomina crisis; estas poden ter carácter convulsivo cando se acompañan de manifestacións motoras ou se pode manifestar por outras alteracións na función neurolóxica, por exemplo, alteracións sensitivas cognoscitivas ou emocionais. Calculase que afecta entre o 0,5 e 2 % da poboación xeral e pode aparecer a calquera idade.

Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre 2 % e 46 %, dependendo da idade e criterios diagnóstico. 

O descoñecemento e as ideas erróneas sobre trastornos como o autismo e a epilepsia xeran na sociedade prexuízos que aumentan a vulnerabilidade das persoas que o padecen. A sensibilización e concienciación da sociedade é fundamental para acabar coas barreiras que limitan a súa inclusión e participación social en igualdade de condicións. Por iso, desde Autismo Galicia sumámonos á celebración do Día Internacional da Epilepsia, co obxectivo de aumentar o coñecemento sobre a epilepsia e dar visibilidade a quen o padece, así como aos problemas aos que se enfrontan as persoas con epilepsia, as súas familias e as persoas que lles brindan apoio.

As revisións bibliográficas  (Lukmanji, Sara, et al. "The co-occurrence of epilepsy and autism: A systematic review." Epilepsy & Behavior 98 (2019): 238-248) destacan a importancia da detección do autismo en persoas que teñen epilepsia e a epilepsias en persoas que teñen autismo e poden axudar a ver as patoxéneses compartida entre as dúas.

A alta frecuencia de comorbilidade da epilepsia cos TEA suxire que existe unha base neurobiolóxica e xenética común os dous trastornos.

A información recompilada por Autismo España no seu estudo que realiza desde 2015 sobre as características sociodemográficas das persoas no espectro do autismo en España confirman estes datos: a epilepsia e as crises epilépticas recorrentes son as condicións identificadas con maior frecuencia nesta categoría (14,48%).

En ambos os casos afectan en maior medida ás mulleres (20,97%) que aos homes (12,99%). Todo isto pon de manifesto a necesidade de incrementar o coñecemento sobre a asociación entre o TEA e a epilepsia, especialmente sobre como impulsar a súa abordaxe na práctica clínica e no apoio que necesitan as persoas que as manifestan.

Premendo aquí podes acceder a ENTREVISTA que Autismo España realizou a Fernando Carvajal, profesor titular da Universidade Autónoma de Madrid e director do Departamento de Psicoloxía Biolóxica e da Saúde.

 

 


Esta publicación forma parte do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social e Xuventude - a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias