Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 06/02/2024 | Xornada do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.

Xornada do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.

Con motivo do 18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo, e presentación da REVISTA MAREMAGNUM Nº27 “Unha feliz viaxe pola vida” INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA

 

02/03/2024 -

Xornada do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.
 
Este ano poñeremos o foco no cambio de paradigma para o Autismo. A neurodiversidad é a diversidade dos cerebros e mentes humanas. A infinita variación no funcionamento neurocognitivo dentro da nosa especie é un feito biolóxico. Por tanto, o autismo é unha expresión da diversidade humana. Esta novo paradigma, suxire e entende que as moitas variacións dos cerebros humanos, como o das persoas con autismo, debe ser entendido, comprendido e aceptado como unha parte valiosa e importante do legado xenético da humanidade. Non existe un modelo cerebral que podamos considerar “o estándar” co que comparar a todos os demais.
 
Como di Temple Grandin : “O mundo necesita todo tipo de mentes”
 

INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.

 
 
Data: Sábado 2 de marzo 2024.
Horario: 10:00h a 13:30h
Prazas: Limitadas e seguindo a orden de inscrición.
Prezo: gratuíto.
Modalidade: ​Presencial, no Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela (nº 14-, R. de Frei Rosendo Salvado, 16, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña)
 
 
#HazEspacio ás persoas con síndrome de Asperger.
 

PROGRAMA DO EVENTO

PRESENTACIÓN ACTO OFICIAL DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024

De 10:00h a 10:30h

Contaremos coa presenza de representantes da administración da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago, a presidenta da Asociación Asperga, Rita González Fernández, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.
 

PRESENTACIÓN da REVISTA MAREMÁGNUM: MAREMAGNUM Nº27 "Unha feliz viaxe pola vida"

De 10:30h a 11:00h

  • Sentido de pertenza e neurodiversidade”. Presentación da Revista a cargo de Cipriano Luis Jiménez Casas, director da Revista Maremágnum, e director da Fundación Menela.
  • "Pensar Santiago a partir da comunidade local, e nom para o turismo, é o grande desafío ara o futuro da cidade" Intervención a cargo de Elías José Torres Feijó, catedrático dá USC, onde dirixe o grupo de investigación GALABRA.
  • "Unha feliz viaxe pola vida diversa a través do cine". Intervención a cargo de Claudio Rodríguez Fer, poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela.

XORNADA: NEURODIVERSIDADE, NEURODIVERXENCIAS e AUTISMO.

De 11:00h a 13:30h
 
  • INTRODUCIÓN Á XORNADA: NEURODIVERSIDADE, NEURODIVERXENCIAS e AUTISMO.
A cargo de Cristina Sánchez-Agustino Barcia, técnica de Asperga, e Cristina Couto Pena, psicóloga da Federación Autismo Galicia.
Presenta e modera Marisol García Penalta.
 
Rolda de preguntas.
 
  • CAMBIANDO O ENFOQUE: NEURODIVERXENCIA EN ACCIÓN
Coloquio: Transformación e Concienciación Social. As persoas con TEA cambian o mundo.
María Losada da Asociación Asperga, Ricardo Pérez da Asociación Aspanaes, e Martin García da Asociación Asperga.
Presenta e modera Patricia Blanco Riveiro.
 
Rolda de preguntas.
 
  • ABRAZANDO O ESPECTRO DO AUTISMO E CONSTRUÍNDO O FUTURO: PROXECTOS E GRUPOS DE AUTOXESTÍON PARA O AUTOAPOIO
PROXECTO CROISSANT: Taller grupal dirixido a persoas con TEA e co obxectivo de fomentar a creación de grupos de apoio, amizade, confianza e relacións interpersoais.
GRUPO DE PERSOAS ADULTAS RECÉN DIAGNOSTICADAS: Para persoas que recibiron o diagnóstico nunha idade adulta. A que desafíos se enfrontan, vivencias comúns, etc.
 
Rolda de preguntas.
 
  • PECHE DAS MESAS E CONCLUSIÓNS
A cargo de Marisol García Penalta.
 
  • PECHE DO ACTO: A cargo da presidenta da Federación Autismo Galicia

  • Sinatura de Libros e distribución da Revista Maremágnum Nº27 para asistentes da Xornada.

 
 
INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.
 
 
 
 

 

 
 
 
 
 
 
Lugar de celebración:

Modalidade: ​Presencial, no Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela (nº 14-, R. de Frei Rosendo Salvado, 16, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades