Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/02/2024 | A linguaxe constrúe realidades: por un uso respectuoso do termo “autismo”

A linguaxe constrúe realidades: por un uso respectuoso do termo “autismo”

Desde a Federación Autismo Galicia, e Confederación Autismo España, como organizacións que representan ás persoas con TEA e as súas familias , insistimos na importancia de non empregar  o termo "autismo" con connotación pexorativas, instando a un uso responsable no tratamento adecuado das palabras “autismo” e "autista"  por parte de representantes públicos para avanzar na inclusión social do colectivo.
 

05/02/2024

 
A Federación Autismo Galicia ten encomendados entre os seus fins a representación e defensa dos dereitos das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA). É por isto que, en nome do colectivo asociativo e as súas familias, queremos chamar a atención sobre o correcto uso da palabra ‘autismo’.
 
O autismo é un espectro amplo que abrangue unha variedade de características únicas en cada individuo. Á medida que a conciencia e a comprensión sobre o autismo creceron na sociedade, é esencial adoptar un enfoque respectuoso e comprensivo ao falar desta condición neurodiverxente.
 
Ao utilizar a palabra "autismo" de maneira consciente, podemos contribuír á construción dun mundo máis inclusivo e respectuoso para todas as persoas.
É crucial absterse de usar a palabra "autismo" de maneira pexorativa ou vinculala con estigmatizacións, xa que contribúe negativamente á inclusión das persoas con autismo. No seu lugar, debemos adoptar un linguaxe que fomente a comprensión e a aceptación.
O autismo é un espectro que abrangue unha ampla gama de habilidades e desafíos. Ao falar de autismo, é esencial recoñecer e respectar esta diversidade. Evitar xeneralizacións e entender que cada persoa con autismo é única, con súas propias forzas e necesidades, é fundamental para fomentar un diálogo respectuoso.
Debemos escoitar ás persoas que o viven directamente. Ao permitir que as voces das persoas con autismo guíen a nosa ruta a seguir, e aprender das súas experiencias e perspectivas. Este enfoque axuda a construír unha comprensión máis profunda e respectuosa do autismo.
 
O tratamento inadecuado e pexorativo do autismo, pode considerarse unha ofensa contra a imaxe social das persoas con TEA, colectivo que supón máis de 27.000 persoas con TEA en Galicia, e 450.000 en España, case un millón e medio de persoas se temos tamén en conta ás súas familias. O seu uso pexorativo só contribúe a manter falsos mitos e estereotipos.
Desde Autismo Galicia cremos firmemente que tanto medios de comunicación, como persoas destacadas e con relevancia social, deben e poden colaborar positivamente á inclusión das persoas con TEA, empregando unha linguaxe adecuada e termos que non impliquen connotacións negativas.
 
Optar por un linguaxe positivo ao falar de autismo contribúe a desterrar estigmatizacións e promover a inclusión. En lugar de centrarse nas limitacións, resaltemos as forzas e habilidades únicas das persoas con autismo. Ao destacar as súas contribucións positivas á sociedade, podemos cambiar a narrativa arredor do autismo.
 
Ao falar do autismo, debemos facelo desde un lugar de respecto, comprensión e aceptación. A palabra "autismo" non debería ser un estigma, senón un recordatorio da diversidade e riqueza de experiencias que existen na nosa sociedade. Adoptar un enfoque respectuoso cara ao autismo non só beneficia ás persoas no espectro, senón que tamén enriquece a toda a sociedade ao fomentar a inclusión e a celebración da diversidade.
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias